Imran Khan
político paquistaní
Imran Ahmad Khan Niazi (en paxto/urdú: عمران احمد خان نیازی), nado en Lahore o 5 de outubro de 1952, é un político paquistaní e antigo xogador de crícket que foi primeiro ministro do seu país entre o 18 de agosto de 2018 e o 10 de abril de 2022.
Traxectoria editar
Foi membro da Asemblea Nacional de Paquistán, dende 2013 até 2018, un posto que conseguiu nas eleccións xerais de 2013. Antes de entrar na política, Khan foi xogador de crícket e filántropo. Xogou internacionalmente ó crícket durante dúas décadas e desenvolveu proxectos filantrópicos como o Hospital Shaukat Khanum e Namal College.[1][2]
Notas editar
- ↑ Thomas Fletcher (6 de abril de 2012). "Imran Khan". En John Nauright; Charles Parrish. Sports Around the World: History, Culture, and Practice. ABC-CLIO. p. 231. ISBN 978-1598843002. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2013.
- ↑ Kamila Hyat (2012). "Khan". En Ayesha Jalal. The Oxford Companion to Pakistani History (en inglés). Karachi: Ameena Saiyid, Oxford University Press. p. 282. ISBN 9780195475784.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imran Khan |
Bibliografía editar
- Tennant, Ivo (1996). Imran Khan. Trafalgar Square Publishing. ISBN 0-575-05936-2.
- Huzur, Frank (2011). Imran Versus Imran: The Untold Story. Falcon & Falcon. ISBN 9788192055107. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2018.