Imposto sobre Bens Inmobles

O Imposto sobre Bens Inmobles (tamén chamado IBI polas siglas en castelán de Impuesto sobre Bienes Inmuebles) é un imposto local obrigatorio en España xestionado polos concellos e a administración central. O imposto varía segundo o valor do inmoble e debe ser pagado polo titular do mesmo. Este imposto calcúlase segundo unhas táboas que fixa cada concello.

Conceptos básicos editar

A normativa refírese a:

  • Feito impoñible, ser titular de calquera propiedade ou concesión de bens urbanas ou rústicos. Artigo 61.
  • Suxeito pasivo, son os contribuíntes xa sexan persoas naturais ou xurídicas e as comunidades de bens e sociedades civís.

O imposto págase por anos completos. O prazo máximo que ten a administración para reclamar o pagamento debido é de catro anos antes da súa prescrición.

Exencións editar

Están exentos dos impostos os bens propiedade de concellos, as propiedades militares do estado, os bens destinados ao culto de calquera confesión, conxuntos históricos protexidos, monumentos cunha antigüidade superior a cen anos, os hórreos e cabazos de non menos de cen anos de Asturias e Galiza, entre outros bens. Artigo 62.

Normativa legal editar

  • Ley reguladora de las Haciendas Locales (Real Decreto Legislativo 2/2004)[1]
  • Ley del Catastro Inmobiliario (Real Decreto Legislativo 1/2004)
  • Reglamento de desarrollo (Real Decreto 417/2006)

Notas editar