Immersion é o quinto álbum de estudio da cantante galega Guadi Galego. Saíu á venda o 25 de outubro de 2019 baixo o selo de Altafonte Music. Foi editado en CD, vinilo e formato dixital.

Immersion
Álbum de Guadi Galego
Publicado25 de outubro de 2019
Selo(s)Altafonte Music
Cronoloxía
Bóla de cristal (2018) Immersion

Immersion é un traballo de revisión de once temas de tres dos seus discos anteriores en solitario, máis un inédito, cantados en sete linguas peninsulares diferentes: galego, castelán, asturiano, éuscaro, catalán, portugués e aranés.[1] Xa o vídeo da versión orixinal en galego de Recoñecéndome incluíra a lingua de sinais española [2]

Lista de cancións editar

N.º Título Duración
1. "Immersion" (en galego con Álex Ínsua) 3:03
2. "Fronteres" (en catalán con Judit Neddermann e Clara Peya) 3:26
3. "Privilegio" (en castelán con Vega) 2:37
4. "Cedeira" (en galego con Iván Ferreiro) 4:06
5. "Cantar pa ver" (en asturiano con Silvia Quesada e Alfredo González) 3:54
6. "Vas entà naut" (en aranés con Alidé Sans e Javier Otero) 3:03
7. "Balada de verán" (en galego con Lisandro Aristimuño e Germán Díaz) 2:41
8. "Tribua" (en éuscaro con Mikel Urdangarin e Javier Otero) 2:30
9. "Reconociéndome" (en castelán con Andrés Suárez Otero) 2:46
10. "Matriarcas, brilhantes ativistas" (en portugués con Ana Bacalhau e Abe Rábade) 3:43
11. "En silencio, con respecto" (en galego con Sisters in the house) 2:45
12. "Sen remordementos" (en galego con Xabier Díaz) 3:02

Galardóns editar

En novembro de 2019, o disco foi galardoado co Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado, un recoñecemento concedido polos territorios de España con lingua propia.[3]

Notas editar

  1. Dopico, Montse (8 de novembro de 2019). "Guadi Galego presenta ‘Immersión’: un disco de “catarse emocional” para situar as linguas peninsulares “á altura dos afectos”". Praza.gal. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  2. Recoñecéndome, de Guadi Galego en GuadiGalegoVEVO
  3. "Guadi Galego, premio á promoción da Realidade Plurilingüe no Estado español". Sermos Galiza. 21 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 21 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar