Imanol Idiakez
Joseba Imanol Idiakez Barkaiztegi, nado en Donostia o 14 de marzo de 1972, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Dende xullo de 2023 adestra o Deportivo da Coruña, na Primeira División RFEF.
Imanol Idiakez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Joseba Imanol Idiakez Barkaiztegi | ||
Nacemento | 14 de marzo de 1972 | ||
Lugar de nacemento | Donostia | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
Real Sociedad | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1991–1993 | Real Sociedad B | 26 | (2) |
1993–1997 | Beasain | 98 | (10) |
1997–1999 | Avilés | 44 | (4) |
1999–2000 | Burgos | 19 | (0) |
2001–2003 | Ciudad de Murcia | 76 | (8) |
2004 | Linares | 16 | (1) |
2004–2005 | Girona | 26 | (0) |
2005–2006 | Reus | 34 | (3) |
2006–2007 | Burgos | 32 | (3) |
Total | 369 | (31) | |
Adestrador | |||
2008–2010 | Real Sociedad B | ||
2011 | Poli Ejido | ||
2011–2012 | Guijuelo | ||
2012–2013 | Real Unión | ||
2013–2014 | Toledo | ||
2014–2016 | Lleida Esportiu | ||
2016–2018 | AEK Larnaca | ||
2018 | Zaragoza | ||
2019 | AEK Larnaca | ||
2020–2022 | Villarreal (asistente) | ||
2022–2023 | Leganés | ||
2023– | Deportivo da Coruña | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Como futbolista editar
Nado en Donostia, de pequeno xogaba ao fútbol na praia da Concha, e seus pais fixérono socio da Real Sociedad cando só contaba con dous anos de idade.[1] Anos máis tarde ingresou na canteira do propio club txuri-urdin, debutando co filial na Segunda División B na tempada 1991/92, nun partido ante Osasuna B. Na seguinte campaña incorporouse ao equipo o seu irmán Iñigo, coincidindo ambos no campo xa na primeira xornada.[1] A súa carreira viuse truncada polas dúas roturas de tibia que sufriu en 1993, tardando máis dun ano en recuperarse da segunda delas.[1][2] Disputou un total de 26 partidos coa Real Sociedad B, marcando dous goles.
Tras recuperarse da lesión, fichou polo Beasain, co que xogou durante tres tempadas en Segunda B, acumulando 106 partidos e 10 goles.[3] A continuación militou dous anos no Avilés Industrial e un no Burgos, antes de fichar en 2001 polo Ciudad de Murcia. Co equipo murciano conseguiu na súa segunda tempada o ascenso á Segunda División, categoría na que disputou 5 partidos na campaña 2003/04, antes de saír cedido ao Linares en busca de máis minutos.[1]
Máis tarde pasou polo Girona e o Reus, antes de pechar a súa carreira cunha segunda etapa no Burgos, aos 35 anos.
Como adestrador editar
Comezou a súa carreira como adestrador na Real Sociedad, dirixindo o filial na Segunda División B durante a tempada 2008/09 e perdendo a categoría ao remate da competición. A continuación pasou polos bancos do Poli Ejido, o Guijuelo e o Real Unión. En 2013 colleu as rendas do Toledo, que viña de ascender a Segunda B, e conseguiu meter o equipo na promoción de ascenso a Segunda. Entre 2014 e 2016 adestrou o Lleida Esportiu, co que disputou unha nova promoción de ascenso a Segunda, acadando a final contra o Sevilla Atlético e caendo na quenda de penaltis.
En 2016 marchou a Chipre, onde adestrou durante dous anos o AEK Larnaca. Acabou en ambas ocasións como subcampión da liga chipriota de Primeira División e conquistou a Copa de Chipre en 2018, o primeiro título do club en 14 anos.[4]
No verán de 2018 regresou a España, converteuse no novo técnico do Zaragoza, dirixindo así por primeira vez un equipo da Segunda División. Con todo, foi destituído en outubro, despois de conseguir só 2 vitorias nas primeiras 10 xornadas de liga.[5] En xaneiro de 2019 regresou ao AEK Larnaca, ao que adestrou ata final de tempada.[6]
En xullo de 2020 ingresou no corpo técnico do Villarreal, como axudante do adestrador principal, o tamén vasco Unai Emery.[7] Na súa primeira campaña o conxunto amarelo conquistou a Europa League, despois de derrotar ao Manchester United na final do Stadion Gdańsk.[8] Despois de dous anos en Vila-real aceptou a oferta do Leganés para dirixir o equipo en Segunda na tempada 2022/23. Foi cesado a falta de 8 xornadas para a conclusión da liga, co equipo clasificado na 17ª posición, 5 puntos por riba dos postos de descenso.[9]
Adestrador do Deportivo da Coruña editar
O 1 de xullo de 2023 foi anunciado como novo técnico do Deportivo da Coruña,[10] tras a destitución de Rubén de la Barrera.[11] A equipa arrincou o campionato con pobres resultados. Na xornada oitava, con só 8 puntos, chegou a estar en postos de descenso. Nas últimas semanas do ano, tras senllos empates na casa contra equipos da zona baixa e coa equipa na metade da táboa, rumoreouse de maneira insistente co seu despedimento.[12]
No inicio da segunda volta a equipa acumulou sete vitorias seguidas e logrou o liderado da categoría. Na xornada 32, tras outra racha de catro vitorias consecutivas, sacaba 6 puntos de vantaxe ao segundo clasificado.
Palmarés editar
Adestrador editar
AEK Larnaca
- Copa de Chipre (1): 2017/18.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Idiakez, el exalumno de Lillo que entrenó con Guardiola, admira a Cruyff y Zidane" (en castelán). 17 de xullo de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ "Imanol Idiakez: «Tenemos que desvivirnos, matarnos, para que el Dépor suba»". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de setembro de 2023. Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ "Lalo elige a Imanol Idiakez para que dirija al Zaragoza". Marca (en castelán). 7 de xuño de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ Manchón, Martín (16 de maio de 2018). "El AEK Larnaca de Imanol Idiakez, campeón de la Copa chipriota". As (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ Ortiz, Christian (21 de outubro de 2018). "Imanol Idiakez, destituido en el Zaragoza; le sustituirá Alcaraz". Marca (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ "Imanol Idiakez vuelve a Chipre" (en castelán). 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ Mata, Javier (30 de xullo de 2020). "Imanol Idiakez será el segundo entrenador de Emery" (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ R. Bravo, Chema (27 de maio de 2021). "La dulce Europa de Imanol Idiakez" (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ "El Leganés destituye a Idiakez". Marca (en castelán). 4 de abril de 2023. Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ "Imanol Idiakez, nuevo entrenador del Deportivo". Riazor.org (en castelán). 1 de xullo de 2023. Consultado o 10 de xullo de 2023.
- ↑ "El consejo de administración dimite y Rubén de la Barrera ya no es entrenador del Deportivo". La Opinión de A Coruña (en castelán). 14 de xuño de 2023. Consultado o 10 de xullo de 2023.
- ↑ "Nuevo cónclave en el Deportivo para decidir el futuro del club". 12/12/2023. Consultado o 15/4/2024.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en lapreferente.com (en castelán).