Images and Words

álbum de Dream Theater

Images and Words é o segundo álbum da banda estadounidense de metal progresivo Dream Theater, publicado o 7 de xullo de 1992 a través do selo Atco Records. É a primeira edición do grupo en contar con James LaBrie nas voces. Este traballo segue sendo o máis exitoso comercialmente da banda ata a data, e a canción "Pull Me Under" foi a única en entrar no top 10 en toda a carreira de Dream Theater. Este tema en particular tivo éxito recetemente tras a súa aparcición no videoxogo Guitar Hero World Tour en 2008.

Images and Words
Álbum de Dream Theater
Publicado7 de xullo de 1992
Gravaciónoutubro - decembro de 1991
Estudio(s)BearTracks Studios en Suffern, Nova York; The Hit Factory en New York City
Duración57:04
Xénero(s)metal progresivo, rock progresivo
Selo(s)Atco Records
Producido porDavid Prater
Cronoloxía
When Dream and Day Unite Images and Words Live at the Marquee

Listaxe de cancións editar

Toda a música composta por Dream Theater, agás "Wait for Sleep" por Kevin Moore.

N.º TítuloLetras Duración
1. "Pull Me Under"  Kevin Moore 8:14
2. "Another Day"  John Petrucci 4:23
3. "Take the Time"  Dream Theater 8:21
4. "Surrounded"  Moore 5:30
5. "Metropolis—Part I: "The Miracle and the Sleeper""  Petrucci 9:32
6. "Under a Glass Moon"  Petrucci 7:03
7. "Wait for Sleep"  Moore 2:31
8. "Learning to Live"  John Myung 11:30
57:04