Ilustración Gallega (Madrid)

Ilustración Gallega foi unha revista editada en Madrid en 1954.

Ilustración Gallega
PaísEspaña
LugarMadrid
Lingualingua castelá e lingua galega
Fundación1954
Na rede
Galiciana: 584334
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Revista de Galicia para España y América, apareceu o 1 de outubro de 1954. Dirixida por Emilio Canda Pérez, Nicolás Alcalá Arana era o administrador. Editada cun grande acompañamento gráfico, contiña un suplemento informativo con noticias sociais e de interese de Galicia titulado "Vida Gallega". Entre os seus colaboradores figuraron Xosé María Castroviejo, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Luís Trabazo, Xosé Filgueira Valverde, Prudencio Landín Tobío e Manuel Cuña Novás. No seu primeiro número publicou os Seis poemas galegos de Federico García Lorca.

 
Publicidade incluída na revista.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar