Illas Shetland do Sur

As Illas Shetland do Sur son un arquipélago do océano Antártico situado a uns 120 quilómetros das costas da península Antártica, ao sur de América do Sur, entre a pasaxe de Drake polo norte e o estreito de Bransfield polo sur. As illas foron descubertas polo capitán inglés William Smith o 19 de febreiro de 1819[1]. Conta cunha área de 3 687 km². O seu punto máis elevado é o Monte Irving, con 2300 msnm e localízase na Illa Clarence.

Mapa das illas.

Notas editar

  1. Stanton, William Ragan. The Great United States Exploring Expedition of 1838-1842 (en inglés) University of California Press, 1975, p.1. ISBN 0520025571.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.