As illas Príncipe ou Adalar son un distrito de Istambul, (Turquía) formado por unha cadea de nove illas na costa do Mar de Mármara. A máis grande das illas é Büyükada. Teñen unha poboación total de 14.072 habitantes (2008).

Illas Príncipe

Historia editar

Durante o período bizantino, príncipes e outros membros da realeza eran exiliados a estas illas, dándolles así o seu nome actual. Durante o século XIX as illas convertéronse nun centro de riqueza para Istambul. Da época vitoriana aínda se conservan casiñas de campo na máis grande das illas Príncipe, Büyükada.

Na actualidade, as illas son un popular destino turístico para unha excursión dun día, vía transbordador, dende Istambul. Os vehículos motorizados están prohibidos na maior parte das illas. Os visitantes exploran as illas a pé, en bicicleta, en carruaxes tiradas por cabalos, ou ao lombo de burros.

Un convento en Büyükada foi o lugar de exilio das emperatrices bizantinas Irene, Eufrosine, Zoe e Ana Dalasena. Lev Trotski pasou así mesmo algún tempo en Büyükada.