Coordenadas: 40°45′00″N 14°01′00″L / 40.75, 14.01666667

As Illas Flégreas (italiano: Isole Flegree; napolitano: Isule Flegree) son un arquipélago no Golfo de Nápoles e a rexión de Campania en Italia meridional. O nome deriva da súa pertenza á área xeolóxica dos Campos Flégreos.

Procida, con Ischia no fondo, vistas desde cabo Miseno.
Mapa das illas

Xeografía editar

Consta das illas de Ischia, Procida, Vivara e Nisida. Forman parte do arco volcánico de Campanin e do arquipélago Campano (arquipélago napolitano), da costa de Nápoles no Mar Tirreno.

O arquipélago está dentro da Provincia de Nápoles.

A illa de Capri é xeralmente excluída, xa que non pertence ás mesmas formacións xeolóxicas.

Historia editar

Na época clásica, algunhas illas Flégreas chamáronse Pithecussae, do grego Pithekousai (Πιθηκοῦσαι, ‘illas dos monos’). Un mito grego fala de dous bandidos, os Cercopes de Éfeso, que facían trasnadas a Zeus, quen os castigou converténdoos en monos e exiliándoos ás illas de Aenaria (Ischia) e Prochyta (Procida)..

As lendas contan que o monstro Tifón esta sepultado baixo Ischia, e os Xigante Mimas baixo Procida. Tales historias poderían ser importantes como pista de como os antigos gregos trataron de explicar o vulcanismo de toda a zona. Os cambios resultantes na topografía das illas debéronse á frecuente intervención das deidades.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar