Illas Dous Grupos

As illas Dous Grupos (en francés, îles Deux Groupes) é o nome histórico de dous atois das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Son os atois Marokau e Ravahere, separados por menos de 2 km. Están situados no centro do arquipélago, a 750 km ao leste de Tahití, e están incluídos na comuna de Hikueru.

Localización das illas Dous Grupos nas Tuamotu
Mapa dos atois

Foron descubertos por Louis Antoine de Bougainville en 1768, pero foi James Cook, o ano seguinte, quen os chamou Two Groups describíndoos como un ensamblado de illas unidas por escollos.

Marokau editar

Marokau é un atol situado a 48 km ao sueste de Hikueru e a 120 km ao oeste de Hao. As súas coordenadas son: 18°13′S 142°10′O / -18.217, -142.167.

O atol ten forma triangular, cunha superficie total de 14,7 km². A lagoa ten un pequeno paso ao océano. A vila principal é Vaiori. A poboación, cun total de 50 habitantes no censo de 2002, vive principalmente da recolección de copra. Non dispón de infraestruturas significativas.

O atol foi devastado por un ciclón en 1903, quedando totalmente mergullado polas ondas e provocando a morte a uns 100 habitantes.

Ravahere editar

Ravahere é un atol situado a case 2 km ao sur de Marokau. As súas coordenadas son: 18°15′S 142°10′O / -18.250, -142.167.

A superficie total é de 7 km²;, e a lagoa non dispón de ningún paso navegable cara ao océano. Hoxe en día está deshabitado aínda que cando foi descuberto por James Cook tiña poboación. Non dispón de infraestruturas.