As Illas Crozet (Francés: Îles Crozet ou oficialmente Archipel Crozet) son un arquipélago subantártico composto por varias illas pequenas, e situadas na parte sur do océano Índico. Forman parte dos Territorios Austrais Franceses.

Proxección ortográfica centrada sobre as Illas Crozet

Xeografía editar

O arquipélago está composto de 6 illas, a maior parte delas volcánicas, máis un grupo de illotes e rochas formando un arco. A seguinte táboa lista as seis principais illas, ordenadas pola localización xeográfica (de Oeste a Leste):

Illa (Francés) Área (km²) Altura máxima (m) Máxima elevación Coordenadas
1 Illa dos Porcos (Île aux Cochons ) 67 826 Mont Richard-Foy 46°06′S 50°14′L / -46.100, -50.233
2 Rompentes da Heroína (Brisants de l'Héroïne) ou Rochas da Morte (Rochers de la Meurthe) 0 5 46°13′S 50°22′L / -46.217, -50.367
3 Illa dos Pingüíns (Île des Pingouins) 3 340 Mont des Manchots 46°27′S 50°23′L / -46.450, -50.383
4 Illotes dos Apóstolos (Îlots des Apôtres) 2 289 Mont Pierre 45°58′S 50°27′L / -45.967, -50.450
5 Illa da Posesión (Île de la Possession ) 150 934 Pic du Mascarin 46°24′S 51°46′L / -46.400, -51.767
6 Illa do Leste (Île de l'Est) 130 1050 Mont Marion-Dufresne 46°26′S 52°18′L / -46.433, -52.300
7 Illas Crozet (Îles Crozet) 352 1050 Mont Marion-Dufresne 45°57' a 46°29'S

50°10' a 52°19'E

As Illas Crozet están deshabitadas, excepto pola estación científica Alfred Faure (Porto Alfred) na cara leste da illa da Posesión, que leva habitada desde 1963. Outras estacións científicas estiveron localizadas na Grande Manchotière e La Petite Manchotière.

 
Mapa das Illas Crozet

Subgrupos editar

  • Illas 1 a 4 son coñecidas comunmente como L'Occidental (Grupo Occidental)
  • A illa 2 é de feito un grupo de dúas rochas grandes situadas 10 km ao sur de Illa dos Porcos
  • A illa 4 é un grupo de tres illas, Grand Île (1´2 km²), Petite Île, Île Donjon, e nove rochas con elevacións de entre 15 e 122 metros
  • Illas 5 e 6 son coñecidas como L'Oriental (Grupo Oriental)

Os grupos Oriental e Occidental están situados a 94´5 km do outro (desde a Illa dos Pingüíns a Illa da Posesión).

Xeoloxía editar

Análise das anomalías magnéticas da plataforma mariña indican que a Plataforma Crozet, das cales as illas son os puntos máis altos, formouse fai 50 millóns de anos. As illas son de orixe volcánico. Atopouse basalto de fai polo menos 8.8 millóns de anos.

Clima editar

As Illas Crozet non son glaciales hoxe en día. A precipitación media anual é de 2000 mm. Chove de media 300 días ao ano, e os ventos de máis de 100 km/h ocorren 100 días ao ano. As temperaturas soben de 18º C no verán, mentres que no inverno raramente baixan de 5 °C.

Historia editar

As Illas Crozet foron descubertas na expedición de Marc-Joseph Marion du Fresne, un explorador francés que parou o 24 de xaneiro de 1772 en Île de la Possession, tomando posesión do arquipélago para Francia. O nome das illas provén do seu segundo de a bordo, Jules Crozet. (Marion nomeara Illa de Marion anteriormente...)

Ao principio do Século XIX as illas eran visitadas frecuentemente por cazadores de focas, ao momento que as focas foron practicamente exterminadas en 1835. Logo disto, a caza de baleas foi a actividade máis común nas illas, especialmente por parte de baleeiros de Massachusetts.

Os afundimentos de barcos foron frecuentes nas Illas Crozet. O barco cazador de focas británico Princess of Wales afundiuse en 1821, e os sobreviventes pasaron dous anos nas illas. En 1887 o buque francés Tamaris afundiuse na Île des Cochons. Os sobreviventes ataron unha nota na pata dun petrel xigante, o cal foi atopado sete meses máis tarde en Fremantle. Desafortunadamente, a tripulación nunca foi atopada. Dado que os afundimentos de barcos ao redor das illas eran moi comúns, a Armada Real británica enviaba un barco cada certo número de anos en busca de sobreviventes.

Orixinalmente, Francia administrou as illas como unha dependencia de Madagascar. En 1955 foron transferidas á xurisdición dos Territorios Austrais Franceses. En 1961 estableceuse a primeira estación científica, e en 1963 a estación permanente Albert Faure, en Porto Albert en Île de la Possession (Albert Faure foi o primeiro director da estación). A estación está habitada por entre 18 e 30 persoas, dependendo da estación. leva a cabo investigación meteolóxica, biolóxica e xeolóxica, e mantense un sismógrafo.

Bioloxía editar

Nas Illas Crozet pódense atopar 4 especies de pingüíns. O máis común é o pingüín Macaroni, cuns 2 millóns de parellas, e o pingüín emperador. Tamén hai pingüíns Rockhopper e unha pequena colonia de pingüíns Papúa (Gentoo).

Listaxe total de illas, illotes e rochas editar