Illas Babar
Vista da illa
Datos
Capital
País Indonesia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Molucas
Linguas
Poboación (2009) 5.000 hab. aprox.
Superficie 820 km²
Densidade
Coordenadas 7°55′S 129°45′L / -7.917, -129.750
Maior Altura 750 m.
Localización
Localización da illa

As illas Babar son un arquipélago das Illas menores da Sonda, en Indonesia.

Xeografía editar

As illas Babar forman parte das Molucas e atópanse preto de 2000 quilómetros ao nordés de Iacarta, no mar de Banda a uns 500 km ao sur da illa principal de Ambón e uns 500 km ao norte de Australia. As coordenadas xeográficas son 7 ° 55 'S e 129 ° 45' E

O arquipélago ten unha superficie de aproximadamente 820 km². Inclúe 6 grandes illas, a maior é Babar, cun diámetro de pouco máis de 30 km. e unha altitude máxima de 750 m. A illa está cuberta en gran parte pola selva tropical, e é de orixe volcánica.

As illas máis grandes son:

  • Babar, a illa principal, duns 32 km de diámetro,
  • Dai
  • Dawelor
  • Dawera
  • Masela
  • Wetan

As illas Babar teñen uns 5.000 habitantes, dividida en dous distritos Babar North e Babar Southeast ten algunhas aldeas dispersas ao longo da costa.

Entre decembro e abril a choiva é tan abundante que o millo, bananas, mandioca e o arroz vermello crecen abundantemente, sen rego.

Historia editar

As illas Babar foron habitadas por melanesios probablemente xa ao redor do 1500 aC. Ao redor de 1623 fíxose cargo da área a Vereena Oostindische Compagnie (Compañía Holandesa das Indias Orientais).

Os Países Baixos mantiveron o control sobre as illas, fóra dun breve tempo durante a segunda guerra mundial, cando a zona foi ocupada polo Xapón, ata a independencia de Indonesia 1949.