Illa do Penedo da Insua
illa galega no mar Cantábrico
Coordenadas: 43°33′23″N 7°02′56″O / 43.556486111111, -7.0489416666667
A illa Penedo da Insua (Illa da Insua, Illa do Penedo da Insua) é unha illa galega situada na provincia de Lugo, na costa de Ribadeo, non lonxe da coñecida Illa Pancha. Mide 1,9 hectáreas. É abrupta e inhóspita, de cima chaira e cuberta de herba, separada de terra firme por unha estreita canle de fortes correntes, accesible con dificultade en marea baixa dende terra firme.[Cómpre referencia]
Illa do Penedo da Insua | |
---|---|
Situación | |
País | Galiza |
Provincia | Lugo |
Mar | Mar Cantábrico |
Xeografía | |
Superficie | 0,019 km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A beira continental da canle ocúpaa o Castro das Grobas.