Coordenadas: 39°41′51″N 31°06′19″O / 39.6975, -31.105277777778

A illa do Corvo (en portugués, Ilha do Corvo) é a menor das illas do Arquipélago dos Azores, localizándose no Grupo Occidental, sobre a placa norteamericana, ao norte da Illa das Flores. Corresponde territorialmente ao municipio de Vila do Corvo, o único dos concellos da República Portuguesa que non ten freguesías, xa que, nos termos do artigo 136.º do Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores, este nivel de división territorial non existe na illa.[1] As funcións dos órganos da freguesía son asumidos polos correspondentes órganos municipais.

Corvo
Vista da illa
Localización da illa
Situación
PaísPortugal Portugal
Rexión autónoma de PortugalAzores
ArquipélagoIllas Azores
MarOcéano Atlántico
Xeografía
Superficie17,13 km²
Longura máxima4 km
Largura máxima6,3 km
Punto máis alto770 m. Monte Grosso
Demografía
CapitalVila do Corvo
Poboación430 hab. (2011)
Densidade25´1 hab./km²
XentilicioCorvense, Corvino
Lingua propiaPortugués

Xeografía editar

A illa ocupa unha superficie total de 17´13 km², con 6´5 km de largo por 4 km de longo. Considérase parte da América insular, debido ao feito de situarse sobre a placa norteamericana[Cómpre referencia], co que sería un dos puntos máis aolLeste do continente americano.

Dista da illa das Flores, de Santa Cruz das Flores 21 quilómetros. Está formada por unha única montaña volcánica extinguida - o Monte Gordo, coroado cun amplo cráter chamado localmente Caldeirão, con 3´7 km de perímetro e 300 metros de profundidade e onde se atopa a Lagoa do Caldeirão. Nela pódense observar varias lagoas, turbeiras e pequenas "illotas", dúas longas e cinco redondas. O punto máis alto da illa é o Estreitinho no rebordo sur do Caldeirão, con 770 metros de altura por enriba do nivel medio do mar. Alén desta elevación destácanse aínda: o Morro dos Homes, a Lomba Redonda, a Coroa do Pico, o Morro da Fonte, o Espigãozinho e o Serrão Alto.

Todo o litoral é alto e escarpado, constituíndo o cono central do volcán, coa excepción da parte Sur, onde nunha faxa lávica estabeleceuse a Vila do Corvo, a única vila da illa. O cantil oeste case vertical ten cerca de 700 m de altura sobre o océano, é unha das maiores elevacións costeiras existentes no Atlântico.

As terras inmediatamente arredor da única vila da illa e unha pequena zona abrigada na costa leste (as Quintas e Fojo) son as únicas zonas en que é posíbel practicar a agricultura e manter algunhas árbores froiteiras. Os mellores pastos para o gando fican máis para norte, nas chamadas Terras Altas.

Na enseada sur, denominada Enseada de Nossa Senhora do Rosário, existen tres espigóns de desembarque, o Porto Novo (non usado), o Porto do Boqueirão e o Porto da Casa, o maior e o único utilizado no tráfico comercial. O Portinho da Areia, no extremo oeste da pista do aeroporto, é o único areal da illa e a súa principal zona balnearia.

O clima é húmido, con 915,7 mm de precipitación media anual, pero suave, aínda que ventoso, cunha temperatura media anual de 17,6 °C na Vila, con temperaturas medias mensuais que varían entre os 14 °C en febreiro e 20 °C en agosto. Nas zonas altas os neboeiros son case permanentes. A axitación marítima, particularmente do quadrante oeste, é moi elevada, resultando nunha elevada erosión costeira.

A humidade relativa do ar oscila entre o 74% en outubro e 85% en xuño, o mes en que os neboeiros son máis frecuentes ("neboeiros do San João").

Historia editar

Nos mapas xenoveses do século XIV menciónase a Insula Corvi Marini (a illa dos corvos marinhos ou corvos mariños), aínda que é pouco probable que esta designación se referise especificamente a esta illa, este nome é a orixe do nome da illa. Nun principio parece que foi unha designación para as dúas illas do Grupo Oriental do arquipélago (Flores e Corvo). Ambas as dúas foron descubertas por Diogo de Teive no regreso da súa segunda viaxe de exploración (1452), estando moi próximas. En tempos de Henrique o Navegante foi illa de Santa Iria. Tamén se coñeceu como "Illote das Flores" (Iléu das Flores) e tamén "Illa do Marco" (Ilha do Marco), porque o monte do Caldeirão servía como referencia xeográfica aos mariñeiros.

O 12 de novembro de 1548, Gonçalo de Sousa, 2º Capitán donatario das illas de Flores e de Corvo, foi autorizado para enviar á illa escravos (mulatos probablemente orixinarios da Illa de San Antonio, Cabo Verde) como agricultores e gandeiros. O poboamento inicial da illa comezou co envío dunha expedición de 30 persoas, dirixidas por Antão Vaz de Azevedo, orixinario de Illa Terceira. Cara a 1580 establecéronse na illa colonos de Flores.

En 1587, Corvo foi saqueada e as casas queimadas por corsarios ingleses que tamén atacaron Lajes das Flores. No ano 1632 a illa sufriu dúas tentativas de desembarco de piratas alxerianos pero foron rexeitados pola poboación local.

No século XIX comezou a emigración cara aos Estados Unidos e o Canadá.

Os habitantes viviron nun grande illamento durante moitos séculos, sendo a vila de Corvo o municipio máis illado de Portugal. Durante o inverno non existen conexións marítimas regulares con Flores, aínda que no verán chega a haber varias conexións ao día que tardan uns 45 minutos entre Santa Cruz das Flores e Vila de Corvo. Co inicio do tráfico aéreo o 27 de abril de 1972 os habitantes empezaron a sentirse menos illados do mundo. Na actualidade hai conexións con Santa Cruz das Flores, Horta e Lajes (Illa Terceira) tres veces por semana.

Galería editar

 
Vila do Corvo, a única vila da illa do Corvo, vista desde o miradouro. No horizonte avistase a illa das Flores.
 
Vista panorámica do famoso Caldeirão da illa do Corvo, coas súas lagoas e turbeiras.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar