Rügen (lat. Rugia) é a maior das illas alemás. Está situada ao longo da costa de Mecklemburg-Pomerania occidental no mar Báltico. Ocupa unha superficie de 935 km², pero o seu perímetro litoral é de 574 km. A súa poboación era de 73.000 habitantes en 2001. Xunto coas illas veciñas, e menores, de Hiddensee e Ummanz, conforman o distrito Rügen.

Rügen
Rügen en Alemaña
Rügen
Rügen
Situación
PaísAlemaña Alemaña
EstadoMecklemburgo-Antepomerania
MarMar Báltico
Coordenadas54°25′N 13°22′O / 54.417, -13.367Coordenadas: 54°25′N 13°22′O / 54.417, -13.367
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie926 km²
Longura máxima52 km.
Largura máxima41 km.
Perímetro574 km.
Punto máis alto161 m. Piekberg
Demografía
CapitalBergen auf Rügen
Poboación77.000 (2006)
Densidade83 hab./km²
Situación da illa de Rügen

Núcleos urbanos editar

As aglomeracións principais son Bergen auf Rügen con 20.000 habitantes e a vila portuaria de Sassnitz, con 11.000 habitantes. No sueste da illa, ubícanse as dúas estacións balnearias máis coñecidas: Sellin e Göhren. A illa está unida por unha ponte á cidade de Stralsund, no continente.

Breve historia editar

Con diversos cambios de dominio durante a Idade Media, Rügen pasou a formar parte da Pomerania sueca desde 1648. En 1815 o Congreso de Viena outorgouna a Prusia. Xa en 1816 foi construído a primeira estación belnearia (Putbus), convértendose a illa no lugar ideal de vacacións dos alemáns até a segunda guerra mundial. En 1936, durante a ditadura nazi, foi construída a ponte que a uniu a Stralsund. Durante a época da República Democrática alemá, aínda que Rügen foi coidada, dada a maior capacidade económica dos alemáns occidentais fixo que illas alemás da R.F.A. pasasen a ter maior número de visitantes. Desde a unificación alemá, Rügen volveu ser o lugar preferido de vacacións dos alemáns.

No comezo do ano 2018, un tesouro cunha antigüidade estimada de máis de mil anos pertencente ao rei viquingo Harald Blåtand foi atopado na illa polos arqueólogos voluntarios Luca Malaschnichenko (de 13 anos) e René Schön.[1][2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar