Illa de Bau
Bau é unha pequena illa, de aproximadamente 8 hectáreas das Fidxi, a uns centos de metros da costa leste da illa principal de Viti Levu, na provincia de Tailevu. Bau saltou á fama a mediados do século XIX e converteuse na illa dominante das Fidxi ata a súa cesión ao Reino Unido. Aínda mantén a súa influencia na política e o liderado na Fidxi moderna.
Bau | |
---|---|
Illa d Bau. Na parte superior central a casa do Consello de Xefes da confederación Kubuna | |
Mapa de Fidxi | |
Situación | |
País | Fidxi |
Provincia | Tailevu |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 17°58′19″S 178°36′56″L / -17.97194, -178.61556Coordenadas: 17°58′19″S 178°36′56″L / -17.97194, -178.61556 |
Xeografía | |
Superficie | 0´8 km² |
Demografía | |
Poboación | 300 |
Lingua propia | Lingua Bauan |
Territorios e monumentos editar
Bau é a capital da Confederación Kubuna (tribo Kubuna) e o centro principal na Provincia Tailevu. Divídese en tres aldeas Bau, Lasakau e Soso.
Entre os monumentos de Bau están a antiga Igrexa Cristiá e unha pedra na que se esmagaban os cranios das vítimas do canibalismo.
Idioma editar
A lingua fidxiana ten moitos dialectos, pero a lingua oficial baséase na fala Bauan de Bau.[1]
Historia editar
Foi en Kubuna onde o ancestral gran xefe, Ratu Vueti[2] Koroi-Ratu mai Bulu, Serui-Ratu mai Bulu, o primeiro Roko Tui Bau Vuani-ivi (segundo a lenda era a cuarta xeración de Ratu Lutunasobasoba) estableceu o Reino de Kubuna e formou un dos máis antigos asentamentos coñecidos nas Fidxi.
A illa ten un significado histórico e político único en Fidxi, xa que é a orixe da unificación de todo o arquipélago.
Bau está habitada por unhas 300 persoas, aínda que se estima que nun tempo foi habitada por preto de 3.000 persoas. É aínda sagrada aos ollos de moitos Fidxianos, a illa está prohibida aos estranxeiros, salvo autorización especial.
Notas editar
- ↑ Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. Online version: http://www.ethnologue.com/.
- ↑ Tukutuku Raraba – History of Bau, page 1, chapter 1, National Archives Fiji
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Gone Native na Polinesia: Captivity Narrativas e Experiencias do Pacífico Sur (Páxina 24, 64, 121) - por Ian Christopher Campbell - 1998 - 167 páxinas
- James Calvert; Or, From Dark to Dawn in Fiji - Páxina 44, por R. Vernon - 1890-160 páxinas