Illa de Atka
A illa Atka (en inglés: Atka Island; en Unangam Tunuu ou en Aleutiano: Atxax[1]) é a illa máis grande do grupo das illas Andreanof, que á súa vez forman parte das illas Aleutianas, no estado norteamericano de Alasca. A illa está a 80 quilómetros ao leste da illa de Adak. Mide 105 quilómetros de longo e entre 3,2 e 32 km de largo, cunha superficie de 1.048 km², polo que é a 22ª illa máis grande dos Estados Unidos. No nordés da illa Atka atópase o volcán Korovin, que alcanza os 1.533 m. A illa Oglodak atópase a 5´5 km do cabo Kigun, o punto máis occidental da illa Atka.
Atka | |
---|---|
Localización da illa | |
Volcán Korovin, no nordés de Atka | |
Situación | |
País | Estados Unidos |
Estado | Alasca |
Arquipélago | Illas Andreanof, Aleutianas |
Mar | Mar de Bering, océano Pacífico |
Coordenadas | 52°07′N 174°30′O / 52.117, -174.500Coordenadas: 52°07′N 174°30′O / 52.117, -174.500 |
Xeografía | |
Superficie | 1.048´8 km² |
Longura máxima | 105 km. |
Largura máxima | 32 km. |
Punto máis alto | 1.533 m. Volcán Korovin |
Demografía | |
Capital | Atka Village |
Poboación | 95 hab. (2.000) |
Densidade | 0´1 hab./km² |
Lingua propia | Inglés |
A vila de Atka, está na parte leste da illa. O censo de poboación de 2000, determinou que a illa estaba habitada por 95 persoas, case todas na cidade de Atka.[2]
Durante a segunda guerra mundial estableceuse unha base militar na illa, que aínda permanece. O 5 de decembro de 2008, o presidente George W. Bush creou o Monumento Nacional en conmemoración dos eventos da segunda guerra mundial no Pacífico, máis especificamente na illa.[3] Un B-24 Liberator estrelado en Atka e un dos nove sitios do monumento.
Notas editar
- ↑ Bergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
- ↑ Atka Island: Blocks 1085 thru 1100 and Block 1103, Census Tract 1, Aleutians West Census Area, Alaska Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine. United States Census Bureau
- ↑ Walter, Eugene; Katherine Clark (2002). "The Arctic Circle". Milking the Moon: A Southerner's Story of Life on This Planet. New York: Three Rivers Press. ISBN 0-609-80965-2. The author describes his three years serving on Atka as a military cryptologist during World War II.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Atka |