Coordenadas: 37°24′19″N 6°00′11″O / 37.40528, -6.00306

A illa da Cartuja é o nome co que se coñece ao territorio da cidade de Sevilla situado entre dous brazos do río Guadalquivir, un río vivo e o outro unha dársena. A illa pertence ao distrito de Triana.

Mapa da illa da Cartuja.

Nome editar

Tecnicamente non é unha illa, xa que non está completamente rodeada de auga. Enténdese que a illa comeza na Ponte do Cristo da Expiración, lugar onde se estreita o terreo entre os dous brazos do río, e termina na Ronda Supernorte, onde finaliza a dársena do Guadalquivir.

O nome de "la Cartuja" ven do mosteiro da Cartuja de Sevilla, que se atopa na zona sur da illa.

Urbanismo editar

O desenvolvemento urbanístico desa zona era nulo, exceptuando o Mosteiro da Cartuja, ata os anos 80 cando empezou a construírse o macro-complexo da Exposición de 1992. Na Sevilla post-expo unha parte dese complexo converteuse no Parque Científico Tecnolóxico Cartuja, xestionado pola sociedade anónima Cartuja 93 e outra parte no parque de atraccións temático Isla Mágica. Próximo ao parque tecnolóxico encóntranse tamén algunhas facultades da Universidade de Sevilla. En 1993 finalizouse o edificio Torre Triana, que concentra moitas das oficinas da Xunta de Andalucía. Anos máis tarde foi construído o Estadio Olímpico de La Cartuja.

 
Ponte da Barqueta, en primeiro plano, e Ponte do Alamillo, detrás.

Como zonas verdes, dende 1993 conta co Parque do Alamillo, que comunica co parque de San Jerónimo por unha pasarela sobre a dársena do Guadalquivir construída en 2011 e polo camiño ao Norte sobre a dársena que xa citado.

A zona conta, pois, con dúas estacións de ferrocarril, unha á altura do Estadio Olímpico e outra á altura do Parque Tecnolóxico. Ademais, á zona danlle servizo varias liñas de autobús de TUSSAM. Deséxase ampliar o ferrocarril cara ao sur para que chegue á estación de metro de Blas Infante, pasando polas inmediacións de Torre Triana e da Torre Pelli.

Galería de imaxes editar