Illa da Altura
illa do río Ulla
Coordenadas: 42°51′54″N 8°08′37″O / 42.865, -8.1436
A illa da Altura é unha insua formada pola construción do encoro de Portodemouros no río Ulla[1].
Illa da Altura | |
---|---|
Situación | |
País | Galiza |
Concello | Santiso |
Provincia | Provincia da Coruña |
Mar | Océano Atlántico |
Xeografía | |
Superficie | 0´5814 km² |
Características editar
Cunha extensión de 58,14 hectáreas, é unha das illas meirandes da Galicia interior. Pertence á parroquia de Beigondo do concello de Santiso e está rodeada toda ela polo brazo do encoro correspondente ao río Iso. Só cando o nivel da auga baixa, créase un istmo desde a veciña parroquia de Viñós (Arzúa).Ten unha altura de 81 metros sobre a cota máxima do encoro, o que supón unha elevación máxima de 325 metros sobre o nivel do mar. O seu territorio está a monte, non suxeito á explotación agropecuaria.
Notas editar
- ↑ "Medio Ambiente y Fenosa trabajarán para la recuperación de la fauna y el hábitat en el Tambre". La Voz de Galicia. 30 de novembro de 2003.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Coto de caza (en castelán).