Tikei
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Tikei
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 4 km²
Superficie lagoa 0 km²
Nº de illas 1
Coordenadas 14°57′S 144°33′O / -14.950, -144.550
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Tikei é unha illa das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente depende da comuna de Takaroa. Forma parte do grupo de illas do Rei Xurxo. Está situada ao norte do arquipélago, a 67 km ao sueste de Takaroa.

Xeografía editar

A illa é un antigo atol coa antiga lagoa interior case seca e chea de vexetación. Está deshabitada, e sen infraestruturas. É visitada periodicamente polos habitantes dos atois veciños que veñen pescar ou a buscar cangrexos dos cocos.

Historia editar

Foi descuberta polo neerlandés Jacob Roggeveen, o 18 de maio de 1722, chamándoa Carlshoff. En 1816 foi redescuberta polo ruso Otto von Kotzebue, que a chamou Romanzoff, nome do patrocinador da expedición.