A illa Siple é unha illa cuberta de neve de 110 quilómetros de longo ao leste do Golfo de Wrigley ao longo da barreira de xeo de Getz, na Costa de Bakutis, na Terra de Marie Byrd, na Antártida.

Siple
Localización da illa
Situación
PaísAntártida Antártida
MarOcéano Antártico
Coordenadas73°39′S 125°12′O / -73.650, -125.200
Xeografía
Superficie6.390 km²
Longura máxima150 km.
Largura máxima62 km.
Punto máis alto3.110 m. Monte Siple
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A súa área é de 6.390 km² e domínaa o volcán en escudo inactivo chamado monte Siple, dunha altitude de 3.110 m, converténdoa na 17ª illa do mundo pola súa altura máxima.

A illa e a montaña foron chamadas así en polo Consello Asesor dos Estados Unidos sobre Nomes Antárticos (EUA-ACAN) en 1967 en honra do explorador Antártico Paul A. Siple (1908 - 1968), Membro da expedicións do Almirante Richard Evelyn Byrd.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar