A illa Roosevelt é unha illa cuberta polo xeo, aproximadamente de 130 km de longo na dirección NO-SE por 65 km de ancho, e uns 7.500 km² de superficie, que está na parte leste da barreira de xeo de Ross na Antártida. A súa parte central elévase uns 550 msnm.

Illa Roosevelt
Localización da illa
Vista desde satélite
Situación
PaísAntártida Antártida
MarOcéano Antártico
Coordenadas79°25′S 162°00′O / -79.417, -162.000
Xeografía
Superficie7.500 km²
Longura máxima130 km.
Largura máxima65 km.
Punto máis alto550 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Foi chamada polo seu descubridor o almirante Richard Evelyn Byrd en 1934 en honra a Franklin Delano Roosevelt, entón Presidente dos Estados Unidos.

Reclamación territorial editar

A illa é reclamada por Nova Zelandia como parte da Dependencia Ross, pero esta reclamación está suxeita ás disposicións do Tratado Antártico.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar