Robben é unha illa de 547 hectáreas que se localiza a 12 km ao norte de Cidade do Cabo, na baía de Table. Agás a igrexa, todo o territorio da illa é propiedade do estado. Na illa habitan grandes colonias de pingüíns.

Illa Robben
Robbeneiland
Vila da illa Robben
Illa Robben en Suráfrica
Illa Robben
Illa Robben
Situación
PaísSudáfrica Suráfrica
ProvinciaCabo Occidental
MarOcéano Atlántico
Coordenadas33°48′24″S 18°21′58″L / -33.80667, -18.36611Coordenadas: 33°48′24″S 18°21′58″L / -33.80667, -18.36611
Xeografía
Superficie5´18 km²
Longura máxima3´2 km.
Largura máxima1´3 km.
Punto máis alto30 m. (Minto Hill)
Demografía
CapitalVila da illa Robben
Poboación116 hab. (2011)
Densidade22 hab./km²
Illa Robben
Prisión de Robben
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísSudáfrica Suráfrica
TipoCultural
CriteriosIII, VI
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador916

Estivo habitada hai milleiros de anos, cando a canle que a dividía do continente non estaba baixo a auga. Dende fins do século XVII a illa empregouse como prisión, e entre os reclusos estiveron líderes indíxenas das colonias holandesas en África e Asia. Entre 1836 e 1931 a illa utilizouse como leprosería. No século XX estiveron prisioneiros opositores ao réxime do apartheid como Nelson Mandela, Walter Sisulu, Govan Mbeki ou Robert Sobukwe.

Actualmente a illa é un destino turístico popular, declarada Patrimonio da Humanidade en 1999 e considerada como un símbolo do triunfo sobre o apartheid.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.