A illa Rapa[2] é unha das illas Austrais, situada na Polinesia Francesa. Por veces recibe o nome Rapa Iti, (a pequena Rapa), para a distinguir de Rapa Nui, a gran Rapa, nome da illa de Pascua. O concello de Rapa inclúe os illotes deshabitados de Marotiri. Está situada a 1.240 km ao sur de Tahití e a 500 km ao sueste de Raivavae.

Rapa
vista da illa
Localización
Localización
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas Austrais
MarOcéano Pacífico
Coordenadas27°38′S 144°20′O / -27.633, -144.333
Xeografía
Superficie40´57 km²
Punto máis alto650 m. Monte Perau
Demografía
CapitalAhurei (Haurei)
Poboación515[1] (2012)

É un antigo volcán, de 650 metros de altitude no monte Perehau, do que se afundiu a parte central, formando unha caldeira aberta ao océano. Ten forma de anfiteatro cunha baía profunda que penetra no antigo cráter. A superficie total é de 40 km²;.

Os 515 habitantes (censo de 2012) viven bastante illados, constituíndo o concello máis meridional da Polinesia Francesa. É unha zona militar e non se pode ir sen autorización previa. Ahurei e Area son as dúas aldeas da illa situadas na baía. O clima amornado non é dabondo cálido para que aí creza o coral ou os cocos. Nas montañas viven cabras salvaxes, que os insulares cazan co método de acurralas de tal modo que caian ao mar polos cantís.

Nas cimas máis altas atópanse unhas antigas ruínas en forma de fortalezas defensivas. Foi descuberta polo inglés George Vancouver en 1791 dándolle o nome de Oparo. No século XIX sufriron os ataques dos negreiros peruanos ata que en 1867 se estableceu o protectorado francés. O 6 de marzo de 1881 foi anexionada por Francia, aínda que o título de ''ariki, soberano tradicional, non foi abolido ata 1887.

O xornalista Jaume Bartrolí pasou longas tempadas na illa adoptado por unha familia. Describe a illa e os insulares no libro De Sibèria ao Tròpic (ISBN 84-8264-316-9), editado en 2001 en Barcelona pola editorial Magrana.

Baía de Ahurei
Baía de Ahurei

Notas editar

  1. "Population". Institut de la statistique de la Polynésie française. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  2. "Nomenclatures géographiques". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2009. Consultado o 30 de decembro de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar