Illa Mosquito
Illa Mosquito (inglés Mosquito Island ou Moskito Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no Caribe pertencentes ao Reino Unido. Situada fronte á costa de Virgin Gorda é desde hai tempo a favorita para mergulladores e mariñeiros. Durante moitos anos, a illa foi a localización dun resort de mergullo chamado Drake's Anchorage. Sir Richard Branson mercou a illa en 2007 por 10 millóns de libras.[1]
Illa Mosquito | |
---|---|
Mapa de localización, Mosquito esta ao nordés de Virgen Gorda | |
Situación | |
País | Reino Unido |
Arquipélago | Illas Virxes |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°28′N 64°23′O / 18.467, -64.383Coordenadas: 18°28′N 64°23′O / 18.467, -64.383 |
Xeografía | |
Superficie | 0´5 km² |
Punto máis alto | 50 m. |
Demografía | |
Poboación | Non permanente |
A illa está situada no lado oeste do seo de Gorda xunto a Virgin Gorda e preto de Illa Necker, que tamén é propiedade de Branson.
Barack Obama visitou a illa en febreiro de 2017 e alí aprendeu a facer kiteboard, pouco despois da súa retirada como presidente dos Estados Unidos.[2][3]
Xeografía editar
Illa Mosquito atópase no mar Caribe preto de 10 quilómetros ao nordés da illa principal de Tórtola e só a uns 100 m ao norte da "Anguía Point" en Virgin Gorda e aproximadamente 1 km ao suroeste de Illa Necker.
A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie de ao redor de 0,5 km². A altura máxima é duns 50 metros sobre o mar
É totalmente de propiedade privada e non ten poboación permanente.
A illa só se pode chegar por barco, o transbordador desde Tórtola tarda uns 30 minutos.
Historia editar
Mosquito foi descuberta 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ó Novo Mundo.
O nome vén de Mosquito, uns nativos americanos que vivían na illa antes da 1500.
En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga. En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.
En 2007 comprou a illa o aventureiro e empresario Sir Richard Branson e agora toda a illa é de propiedade privada. Branson tamén é propietario da Illa Necker.
Hoxe a illa está deserta, en previsión do despregamento dun complexo turístico planificado.
Notas editar
- ↑ Rory Carroll. "Richard Branson to create sanctuary for lemurs - 8,000 miles from their home". The Guardian. Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ Richard Branson (7 de febreiro de 2017). "Richard vs Barack - kiteboard and foilboard challenge". Virgin. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ David Ingram (7 de febreiro de 2017). "Obama kiteboards in Caribbean with billionaire Richard Branson". Reuters. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Mosquito |