A Illa Kuiu é unha illa no arquipélago Alexander no sueste de Alasca. Atópase entre a illa Kupreanof, ao seu leste, e a illa Baranof, ao seu oeste. A illa ten 105 km de longo, e de 10 a 23 km de largo. Está case cortado en dous pola canle Affleck. Ten 1.936´16 km² de superficie terrestre, converténdoa na 15ª illa máis grande dos Estados Unidos. A illa enteira forma parte do bosque nacional de Tongass. A poboación era 10 persoas no censo do 2.000 dos Estados Unidos. Está separada da illa Baranof polo estreito de Chatham.

Kuiu
Illa Kuiu en Alasca
Illa Kuiu
Illa Kuiu
Faro de Cabo Decision
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
ArquipélagoArquipélago Alexander
MarOcéano Pacífico
Coordenadas56°32′26″N 134°03′04″O / 56.54056, -134.05111Coordenadas: 56°32′26″N 134°03′04″O / 56.54056, -134.05111
Xeografía
Superficie1.936´16 km²
Longura máxima105 km.
Largura máxima10-23 km.
Demografía
Poboación10 (2000)
Densidade0´005 hab./km²

O faro do cabo Decision está situada na illa de Kuiu. Tamén na illa atópanse o Kuiu Wilderness e as áreas Tebenkof Bay Wilderness.

Historia editar

A illa cartografiouse por primeira vez por Joseph Whidbey e James Johnstone, dous dos homes de George Vancouver durante a súa expedición 1791-95 en 1793-94. Este último, Johnstone, demostrou a súa insularidade.[1]

Notas editar

  1. Vancouver, George, and John Vancouver (1801). A voyage of discovery to the North Pacific ocean, and round the world. London: J. Stockdale. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar