Illa Gran Malvina

A Illa Gran Malvina (Inglés: West Falkland) é a segunda máis extensa do arquipélago das illas Malvinas no sur do océano Atlántico, cunha superficie de aproximadamente 4,532 km², o 37% da superficie total das illas (5,413 km² incluíndo as pequenas illas adxacentes).[1] O perímetro das súa liña costeira de 1258´7 km.[1] É unha illa que presenta un terreo montañoso, separada da Illa Soidade por medio do Estreito de San Carlos.

Gran Malvina
Localización da Gran Malvina
Mapa da illa, á esquerda, a Illa Gran Malvina
Situación
PaísReino Unido Reino Unido (reclamada por Arxentina)
Territorio británico de ultramarIllas Malvinas
ArquipélagoIllas Malvinas
MarOcéano Atlántico
Coordenadas51°47′51″S 60°07′55″O / -51.79750, -60.13194Coordenadas: 51°47′51″S 60°07′55″O / -51.79750, -60.13194
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie4.532 km²
Perímetro1.258´7
Punto máis alto700 m. Mount Adam
Demografía
CapitalPort Howard
Poboación127 (2012)

Historia e características editar

A illa xeralmente posúe unha poboación que rolda os 200 habitantes, esparexidos nas áreas costeiras. O poboado máis importante é Port Howard, coñecido tamén como Porto Mitre na costa leste, que habitualmente ten uns 15 residentes e conta coa súa propia pista de aterraxe. Outros sitios poboados son Albermarle, Chatres, Dunnose Head, Fox Bay, Fox Bay West, Hill Cove, Porto Stephens e Roy Cove, a maioría destes unidos por camiños, algúns posúen pistas de aterraxe e peiraos.

Na illa Gran Malvina non houbo accións de importancia durante a Guerra das Malvinas en 1982, posteriormente á guerra foron instalados dous postos da Royal Air Force: Mount Alice e Mount Byron. A economía baséase nas granxas de ovellas e no turismo; a illa é coñecida polas súas pingüíns e colonias de corvos mariños. A pesca é tamén popular nos dous ríos principais, o Warrah e o Chartres.

O punto máis austral da Gran Malvina é o Cabo Belgrano. No sur existen altos cantils onde abundan as aves mariñas e no oeste hai areosas praias con augas limpas e dunas onduladas con pastos altos. As praias son un lugar preferido polos elefantes mariños.

A illa atópase, como o resto do arquipélago, administrada polo Reino Unido como parte do territorio de ultramar das Illas Malvinas. Para a Arxentina, que a reclama, forma parte do Departamento Illas do Atlántico Sur dentro da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pichon, Hervé; Rolland, Nicolas; Orlova, Nadège; Lombardo, Stéphane (2002). "D2.1.1 Inventory Report". European Coastal Erosion database. European Commission. p. 122. Consultado o 6 de outubro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar