Illa Bouvet (en noruegués: Bouvetøxa (bokmål), que se traduce como Bouvetia) é unha dependencia de Noruega. É unha illa deshabitada situada a 1.700 km do continente da Antártida e 2.000 km dirección sur/suroeste desde o Cabo de Boa Esperanza en Suráfrica. As súas coordenadas xeográficas son 54º 26' S/ 3º 21' E. Ocupa unha superficie de 58,5 km², da cal un 93% está cuberta por xeo. É de orixe volcánica, o seu cumio máis alto o Olav (Olavstoppen) ten 780 m de altitude.

Modelo:Xeografía políticaIlla Bouvet
Bouvetøya (nn)
Bouvetøya (nb)
Bouvetøya (lb) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aJean-Baptiste Charles Bouvet de Lozier (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°25′S 3°22′L / -54.42, 3.36Coordenadas: 54°25′S 3°22′L / -54.42, 3.36
EstadoNoruega Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación0 Editar o valor em Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Superficie49 km² Editar o valor em Wikidata
Medición7,5 (ancho) × 9 (lonxitude) km
Lonxitude da costa29,6 km Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude780 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoOlavtoppen (pt) Traducir (780 m) Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
1739descuberta
1 de decembro de 1927Reivindicações territoriais da Antártida (pt) Traducir
23 de xaneiro de 1928Anexión
27 de febreiro de 1930dependency of Norway (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bv Editar o valor em Wikidata
Código de paísBV Editar o valor em Wikidata

A illa é case circular, asucada por unha pequena cordilleira que corre diagonalmente de nordés a suroeste, o cume desta é o mencionado Olavstoppen no sector norte, bastante próximo á costa, o segundo cume é o Lykketoppen con 725 m situado bastante preto da costa suroeste. O 93% do seu territorio é glaciar. Nas costas libres de pack asoman praias negras de area volcánica. O perímetro das costas da illa é de 29,6 km. Un par de quilómetros ao suroeste da illa principal asoma o illote Larsøxa. É unha base baleira e posúe unha estación meteorolóxica dende 1977.

Historia editar

 
Costa sueste da illa, 1898.
 
Foto satélite da illa.

Foi avistada por primeira vez o 1 de xaneiro de 1739 por unha expedición a bordo do Aigle, cuxo capitán era o francés Jean Baptiste Charles Bouvet de Lozier (1705-1786). Con todo, a posición da illa non foi calculada correctamente, colocada 8 graos cara ao leste, e como Bouvet non circunnavegou o seu achado, non quedou claro se o que viu era unha illa ou pertencía a un continente.[1]

En 1772 o capitán James Cook partiu de Suráfrica nunha misión para atopar a illa. Con todo, ao chegar até 54ºS,11ºE, onde Bouvet escribira que atopou a illa, non acharon nada. O capitán Cook entón pensou que Bouvet confundiría un iceberg cunha illa, polo que decidiu abandonar a procura. A illa non foi redescuberta até 1808, cando a detectou James Lindsay, capitán da compañía baleeira Enderby. A pesar de non pisar a illa, foi o primeiro en definir correctamente a súa posición. Ao redor deses anos, a illa era chamada tamén Illa Lindsay, pois non se sabía con certeza se era a mesma illa que Bouvet achara.

O primeiro desembarco data de decembro de 1822, por Benjamin Morrell, capitán da embarcación Wasp. Cazou algunhas focas para tomar as súas peles e regresou ao barco. O 10 de decembro de 1825 o capitán Norris, directivo da Enderby, arriba á illa e a chama Liverpool (como a cidade inglesa), e ademais reclama a súa soberanía como parte do Reino Unido. Unha vez máis, non se sabía de certo se se trataba da illa achada previamente, e ademais recalcou ver unha segunda illa próxima, á que chamou Illa Thompson. Nin un rastro desta última quedou.

En 1898, Carl Chun, no medio dunha expedición a bordo do German Valdivia, visitou a illa pero non ancorou. A primeira estadía longa na illa foi feita en 1927, cando a tripulación do Norvegia, do Reino de Noruega, permaneceu preto dun mes. Esta é a base da reclamación da illa por parte do capitán da nave, Lars Christiansen, como territorio noruegués. A illa foi anexada o 1 de decembro de 1927, e logo un Decreto Real Noruegués do 23 de xaneiro de 1928 proclamouse territorio noruegués oficialmente. A Illa Bouvet converteuse entón en territorio noruegués. O Reino Unido recoñeceuno ao ano seguinte. En 1930, un acto en Noruega converteu á illa en dependencia do Reino de Noruega, mais non parte del.

En 1964 un bote salvavidas abandonado foi descuberto na illa, xunto con rastros de provisións, pero non se puido establecer se existían ou non pasaxeiros a bordo nin o barco de procedencia.[2] En 1971 a illa, xunto co seu territorio marítimo, foron declarados reserva natural. Nos anos cincuenta e sesenta, había un certo interese de Suráfrica en instalar unha estación meteorolóxica, pero as condicións climáticas tendían a ser moi hostís. A illa permanece inhabitada, pero aínda así, en 1977 Noruega implantou a primeira estación meteorolóxica. O 22 de setembro de 1979 imaxes satélite con escintileos de luz sendo emitidos dende un estreito desde a zona sur do océano Índico, entre a Illa Bouvet e as Illas do Príncipe Eduardo, foron interpretadas como orixinadas por explosións nucleares. Os escintileos de luz até a data non foron completamente resoltos.[3]

O 19 de outubro de 2007, o Instituto Noruegués de Investigación Polar anunciou que xa non detectaba nas imaxes satélite a estación de investigación construída en 1994. Crese que a abatida estación foi arrastrada cara ao mar polos fortes ventos. Un terremoto en 2006 supostamente debilitou as bases da estación e especúlase que este foi outro factor, xunto coas poderosas tormentas que son comúns na rexión. Unha estación meteorolóxica inhabitada, con todo, permanece intacta.[4]

Xeografía editar

 
Mapa da illa.

A Illa Bouvet está localizada no océano Atlántico Sur e ten unha área de 49 km², da que o 93% está cuberto por glaciares que bloquean as costas sur e leste. Trátase do lugar máis illado do mundo, xa que non hai nin terra nin illas en 1.600 km á redonda. A eses 1.600 km atópase a Terra da Raíña Maud, na Antártida, que tamén está deshabitada. As terras habitadas máis próximas son Tristan da Cunha, a 2.260 km, e Suráfrica, a 2.580 km de distancia.

Non ten portos, polo que é difícil para unha embarcación a aproximación. A forma máis doada de acceder á illa é por helicóptero dende un barco. Os glaciares forman unha grosa capa de xeo que cae constantemente desde altos cantís ou nas praias negras de area volcánica. O 29,6 km de costa están, polo xeral, rodeados de xeo. O pico máis alto da illa chámase Olav (Olavtoppen), e chega até os 780 m de altitude sobre o nivel do mar. Polo clima extremo e o seu terreo conxelado, a vexetación limítase a líques e brións. A fauna da illa consiste en focas, aves mariñas e pingüíns.

Clima editar

Ten un clima subantártico, sendo as temperaturas medias (en 2004) anuais de 1 °C.

Notas editar

  1. Pioneiros Polares: Hjalmar Riiser-Larsen
  2. "MISR Ficheiro: Bouvet Island, NASA". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2009. Consultado o 10 de decembro de 2009. 
  3. The Vea Incident (O Incidente Vea), Alan Bellows
  4. "Estación esnaquizada polo vento, Instituto Noruegués de Investigación Polar". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de decembro de 2009.