A Illa Anvers, (Anvers Island ou Antwerp Island ou Antwerpen Island ou Isla Amberes) é a maior do Arquipélago Palmer, a 10 Km da costa oeste da Península Antártica, atópase na parte máis austral do arquipélago, ao suroeste da Illa Brabante.

Illa Anvers
Localización da illa Anvers
Paisaxe da illa Anvers
Situación
PaísAntártida Antártida, reclamada por Arxentina, Chile e o Reino Unido Reino Unido
ArquipélagoArquipélago Palmer
MarOcéano Antártico
Coordenadas64°33′S 63°35′O / -64.550, -63.583Coordenadas: 64°33′S 63°35′O / -64.550, -63.583
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie2.432 km²
Longura máxima74 km.
Largura máxima55 km.
Punto máis alto2.761 m. Mount Français
Demografía
CapitalBase Palmer
Poboación50 Non permanentes
Imaxe da NASA da illa Anvers.

Anvers, unha illa de tipo continental, é alta e montañosa. Ten uns 61 Km de lonxitude, cunha área de 2.432 Km² e unha lonxitude de costas de 379 Km.

O seu nome débese á expedición belga, en 1898, ao mando de Adrien de Gerlache en homenaxe á cidade de Antuerpen, en Bélxica.

A Arxentina inclúe á illa dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.

Base Palmer editar

A Base Palmer na Illa de Anvers atópase na costa suroeste da illa e é a única base estadounidense ao norte do círculo antártico. A construción terminou en 1968. Ao redor de 50 persoas poden habitar a Estación de Palmer ao mesmo tempo. A estación chámase así por Nathaniel Palmer, probablemente foi unha das tres primeiras persoas en ver a Antártida. Hai laboratorios de ciencias na base, así como un peirao.