Igrexa de San Martiño de Lalín

igrexa románica en Lalín

San Martiño de Lalín é unha igrexa románica no século XII de Lalín, situada fóra do núcleo urbano, no lugar de Lalín de Arriba.

Igrexa de San Martiño de Lalín
Igrexa de San Martiño de Lalín
PaísEspaña
LocalizaciónLalín de Arriba (Lalín)
Coordenadas42°39′40″N 8°06′25″O / 42.66111111, -8.10694444Coordenadas: 42°39′40″N 8°06′25″O / 42.66111111, -8.10694444
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

É de planta de nave e ábsida rectangular. Orixinalmente servía un mosteiro fundado cara ao ano 980 polo bispo de Mondoñedo Arias Peláez (segundo o testamento da súa sobriña Adosinda datado en 1019).

A comezos do século XX construíuse unha nova igrexa parroquial no centro da vila de Lalín e esta igrexa, un pouco afastada da poboación, estivo a piques de derrubarse pero a oposición dos veciños impediuno.

Galería de imaxes editar