Igrexa católica bizantina albanesa

igrexa particular oriental de rito bizantino
(Redirección desde «Igrexa Católica Bizantina Albanesa»)

A Igrexa católica bizantina albanesa é unha Igrexa particular oriental de rito bizantino no seo da Igrexa católica e, xa que logo, en plena comuñón co papa. Non se debe confundir coa Igrexa católica ítalo-albanesa.

Igrexa católica bizantina albanesa
Historia
Fundación1628 (comunidade orixinal)
1939 (erección da administración apostólica de Albania Meridional) en Albania
MotivoEn 1895 un grupo de vilas do sur de Albania volven á comuñón coa Igrexa católica e piden un bispo do seu rito
Separada deIgrexa ortodoxa albanesa
Parte deIgrexa católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
PapaFrancisco
Administrador apostólicoHil Kabashi
EstruturaEstruturada nunha Administración apostólica
AgrupaciónsCongregación para as Igrexas orientais
Clasificación
GrupoCatolicismo
OrientaciónCristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieis3.845[1]
PaísesAlbania
Congregacións9
Ritos litúrxicosBizantino
Outros datos
Sede centralFiers

Historia editar

A primeira comunidade católica bizantina de Albania estableceuse en 1628 na costa de Epiro e permaneceu ata 1765, en 1900 un antigo sacerdote ortodoxo estableceu unha nova comunidade de 120 fieis en Elbasan, en 1938 estableceuse unha comunidade de monxes italo-albaneses para o axudar e en 1939 nomeouse un administrador apostólico. En 1945 arredor de 450 fieis compuñan a comunidade, o grupo desfíxose en 1967 ao se declarar Albania un estado ateo. En 1996 nomeouse o primeiro bispo para a administración apostólica, que en 2002 contaba con 2800 fieis, pero a maioría son de rito latino e non hai ningunha parroquia ou sacerdote para os poucos fieis de rito bizantino, polo que é unha comunidade en extinción.

Notas e referencias editar