Ignorancia

falta de coñecemento, información ou comprensión

A ignorancia é un desfasamento entre a realidade e unha percepción errónea da realidade. A ignorancia é a consecuencia dunha crenza ou dun feito probado que non se coñece, ou dito doutro modo, é a ausencia de coñecemento.

Ebenezer Scrooge atópase coa Ignorancia e a Miseria en Conto de Nadal de Charles Dickens.

Concepción folosófica editar

En filosofía o estudo da ignorancia vai parello ao estudo do coñecemento, sendo ambos a parte central da epistemoloxía. A filosofía secular condena xeralmente a ignorancia ao modo ilustrado na obra clásica Conto de Nadal de Charles Dickens. Nela a pantasma do Nadal presente amosa a Scrooge a ignorancia e a miseria personificadas en nenos, sinalando á primeira como a máis daniña.

Enfoques editar

  • No budismo, a ignorancia é descrita como un veo que induce as paixóns e causa os renacementos.
  • Na industria, a aplicación dun coeficiente de ignorancia permite garantir a seguridade de todo ou parte dun sistema técnico.
  • Na alegoría da caverna, de Platón, o estado de ignorancia é asociado a dous aspectos da condición do home mergullado na escuridade.
  • A ignorancia invencible é unha forma de ignorancia que é o obxecto dunha defensa de inocencia.
  • O escurantismo esta asociado a miúdo á ignorancia.

Ignorancia sabia e ignorancia profunda editar

Son dous conceptos moi importantes no ámbito da véspera estratéxica e da intelixencia económica.

  • A ignorancia sabia é a daquel que sabe que non sabe.
  • A ignorancia profunda é a daquel que non sabe que non sabe.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar