Ignacio Tabuyo
Ignacio Tabuyo Muro, máis coñecido como Ignacio Tabuyo, nado en Errenteria o 17 de outubro de 1863 e finado en Madrid o 26 de marzo de 1947, foi un barítono, compositor e profesor de canto español. Tabuyo é especialmente coñecido por ser un dos membros dunha destacada xeración de barítonos españois que iniciaron as súas carreiras en torno á última década do século XIX, e entre os que tamén se contan a Néstor de la Torre e Ramón Blanchart.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1863 Errenteria, España |
Morte | 26 de marzo de 1947 (83 anos) Donostia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Alumnos | Fernando Navarrete Monteserín |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz |
Traxectoria editar
Ignacio Tabuyo naceu nunha familia de tradición musical o 17 de outubro de 1863 na localidade vasca de Errenteria. Foi o segundo dos tres fillos da pamplonesa Adelaida Muro e o donostiarra Miguel Tabuyo. Logo de estudar no Colexio San Ignacio dos Pais Xesuítas de Donostia comezou a carreira de arquitectura na mesma cidade, con todo, pouco antes de finalizar os seus estudos universitarios decidiu abandonalos para adicarse ao canto. Así Tabuyo trasladouse a Italia, onde estudou en Milán con Antonio Selva, con quen adquiriu unha sólida base técnica.[a][1][2] En 1888 debutou no Teatro Grande de Brescia cantando en La favorita de Donizetti.[3] Posteriormente cantu noutras cidades italianas, ampliando o seu repertorio de barítono con varias óperas de Verdi (Aida, Il trovatore ou Ernani). A principios de 1889, logo do éxito de crítica e público, debutou n Teatro Real de Madrid iniciando a tempada 1889-90 no papel de Telramund en Lohengrin, xunto a Teresa Arkel e Julián Gayarre. A raíz daquelas funcións, estableceu unha estreita amizade con Gayarre, o que o levou a acompañar o tenor navarro nos últimos momentos da súa vida, e a cantar na súa homenaxe póstuma, unha peza composta por Emilio Arrieta.[1][2]
Un ano despois do seu debut no Teatro Real estreou Doña Juana la Loca de Emilio Serrano, e encarnou a Iago na estrea de Otello en España xunto con Tetracini e Tamagno.[1]
Nos anos seguintes foi habitual do Teatro Real, no que apareceu xunto a Angelo Masini ou Francesco Tamagno. En 1899 cantou no Teatro Colón de Buenos Aires xunto a Enrico Caruso.
Simultaneamente á súa carreira como intérprete, Tabuyo comezuo a compoñer, especialmente adaptacións de cancións populares vascas (zortzikos, especialmente La del pañuelo rojo) e galegas. Dende 1909 comezou dar clases de canto no Conservatorio de Madrid, e en 1920, xa retirado dos escenarios, obtivo unha praza de profesor titular, creando tamén unha academia particular no seu domicilio de Madrid.[2] Entre os seus alumnos poden citarse algúns nomes importantes da lírica española de principios do século XX, como Carmen Antón, Lola Rodríguez de Aragón, José Romeu ou Jaime Samaniego.[1]
Tabuyo foi un pianista competente, adicándolle Albeniz o seu Arbola pian zortziko, e acompañou baixo vasco José Mardones nos recitais da súa xira de despedida por España. Do mesmo xeito, Tabuyo compuxo obras para voz e piano, das cales algunhas foron orquestradas con posterioridade, e Domínguez atribúelle a ópera Chomin Arroca.[1]
Notas editar
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Legorburu Faus, Elena. "Ignacio Tabuyo Muro" (en castelán). Real Academia de la Historia. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Ignacio Tabuyo, cantante y compositor" (PDF) (en castelán). www.errenteria.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2014. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "Ignacio Tabuyo (Baritone)" (en inglés). Forgotten Opera Singers. Consultado o 22 de maio de 2021.