Ignacio Escolar

xornalista español

Ignacio Escolar García, nado en Burgos o 20 de decembro de 1975, é un blogueiro e xornalista español que dirixe o xornal dixital eldiario.es e é analista político na radio e na televisión. Foi fundador e primeiro director do xornal Público.[1]

Infotaula de personaIgnacio Escolar

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ignacio Escolar García Editar o valor em Wikidata
20 de decembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Burgos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo, jornalismo online (pt) Traducir, commentary (en) Traducir, political analysis (en) Traducir, Weblog, Música alternativa e Rock alternativo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoXornalismo de opinión, xornalismo e indie pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiArsenio Escolar Ramos Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm4378512 Facebook: Ignacio.escolar Twitter: iescolar Bitraga: 3969 Dialnet: 1821852 Discogs: 2475022 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira xornalística en 1995,[2] colaborando en diarios como Cinco Días ou El Mundo e revistas como Muy Interesante, Rolling Stone, GEO ou Quo. En 1999, incorporouse ós informativos de Telecinco, como responsable dunha sección de Internet: "El Navegante", que se emitía no informativo da noite. En 2004, traballou como consultor de prensa en México e Ecuador. De volta a España, foi nomeado coordinador da web Informativos Telecinco. Deixou o posto para converterse en director adxunto de La Voz de Almería, Cadena SER Almería e Localia Almería, o que faría del, ademais, tertuliano nos programas La ventana e Hoy por hoy da Cadena Ser. Regresou a Madrid para ser o primeiro director do rotativo Público, que dirixiu dende a súa fundación, en setembro de 2007, deica a súa destitución, o 13 de xaneiro de 2009. Dende esa data até marzo de 2012 foi columnista diario de Público, e deixou este xornal para fundar a cabeceira dixital eldiario.es.[3]

Tamén participou en faladoiros políticos de TVE, como Los Desayunos de TVE, La noche en 24 horas ou 59 segundos (2007-2012), La vuelta al mundo (2009-2011) en Veo7, Las mañanas de Cuatro (2013-2014) con Jesús Cintora, El programa de Ana Rosa, El gran debate (2012-2013) e Un tiempo nuevo en Telecinco (2014).

É colaborador acotío de Hoy por hoy da Cadena SER e ten contrato de exclusividade con La Sexta colaborando nos principais programas da canle: Al rojo vivo (La Sexta) (2015-presente), Más vale tarde e La Sexta Noche (2015-presente). Colabora con medios internacionais como The Guardian, no Reino Unido, ou Clarín, na Arxentina.

Notas editar

  1. Top 25 Internet Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. El Mundo. 3 de xaneiro de 2010
  2. [1] Currículum de Ignacio Escolar
  3. Ignacio Escolar prepara la cabecera digital 'eldiario.es'. El Financiero Digital, 28/3/2012