Ielena Ielesina, nada o 4 de abril de 1970 en Cheliabinsk, é unha atleta rusa especialista en salto de altura. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.

Infotaula de personaIelena Ielesina
Biografía
Nacemento4 de abril de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Cheliabinsk, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónChelyabinsk State Pedagogical University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Peso64 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaltadora de altura Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaSalto de altura Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14299805 Olympic.org: yelena-yelesina Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Comezos editar

Con 18 anos, Ielesina foi 2ª nos mundiais junior de Sudbury en 1988, por detrás da romanesa Alina Astafei. Pero o seu gran eclosión como saltadora chegou en 1990, cando con 20 anos logrou saltar 2,02 nos Goodwill Games de Seattle, a mellor marca mundial dese ano.

Nos mundiais ao aire libre de Toquio 1991, finalizou segunda tras a alemá Heike Henkel. Ielesina estaba en condicións de loitar pola medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992, pero unha praga de lesións fixeron que pasase os seguintes anos case en branco, perdendo tanto os Xogos de Barcelona como os de Atlanta.

Só en 1999 puido ver a luz ao final do túnel e volver estar ao nivel de principios dos noventa. Ese ano logrou saltar en París 2,01, a súa mellor marca desde 1990. Ademais, nos mundiais ao aire libre de Sevilla '99 estivo preto de gañar a medalla de ouro. Ao final o ouro foi para a ucraína Inga Babakova, mentres Ielesina levou a prata, e a tamén rusa Svetlana Lapina o bronce. As tres saltaron a mesma altura de 1,99, pero Babakova fíxoo no seu primeiro intento e por iso gañou o ouro. Oito anos logo de ser subcampioa mundial en Toquio, Ielesina repetía esta posición.

Xogos de Sydney editar

Pero a competición máis importante da súa carreira deportiva ían ser os Xogos Olímpicos de Sydney 2000. A final de salto de altura disputada o 30 de setembro estaba moi igualada, e non había ningunha favorita clara. Ielesina era a saltadora máis experimentada e acabou levándose a medalla de ouro tras saltar de 2,01 no seu segundo intento, a segunda mellor marca da súa vida tras os 2,02 conseguidos dez anos antes en Seattle.

A surafricana Hestrie Cloete tamén saltara 2,01 no seu segundo intento, pero ao realizar máis intentos en alturas inferiores acabou quedándose coa prata, mentres que o bronce compartírono a sueca Kajsa Bergqvist e a romanesa Oana Pantelimon, ambas con 1,99. A campioa do mundo en Sevilla '99 Inga Babakova só puido ser quinta.

Para Ielesina o ouro olímpico supuxo a culminación da súa carreira, tras varios anos quedándose ás portas. Ademais era a primeira muller rusa que gañaba o ouro olímpico en salto de altura.

Logo dos Xogos editar

Tras os Xogos de Sydney o seu mellor resultado foi a medalla de prata (tras Kajsa Bergqvist) nos mundiais indoor de Birmingham 2003. Ademais ese mesmo ano logrou saltar en Moscova 2,02 en indoor, igualando a mellor marca da súa vida ao aire libre. Intentou competir nos Xogos Olímpicos de Atenas, pero non conseguiu a marca mínima necesaria e non puido acudir. Desta forma puxo punto e final á súa carreira deportiva, con 34 anos.

É unha das mellores saltadoras de altura dos últimos anos, pero a súa carreira deportiva estivo marcada polas lesións. Tras un comezo espectacular a principios dos noventa, permaneceu varios anos afastada da elite mundial, para regresar a finais da década e conquistar o seu triunfo máis importante, o ouro olímpico de Sydney 2000. Neste sentido a súa traxectoria recorda un pouco á da mítica saltadora alemá Ulrike Meyfarth, que tamén tivo unha carreira con grandes altibaixos.

Resultados editar

  • Mundiais junior de Sudbury 1988 - 2ª (1.96)
  • Goodwill Games de Seattle 1990 - 1ª (2.02)
  • Europeos de Split 1990 - 3ª (1,96)
  • Mundiais de Tokio 1991 - 2ª (1,98)
  • Europeos indoor de Xénova 1992 - 3ª (1,94)
  • Europeos indoor de Atenas 1998 - 3ª (1,94)
  • Mundiais de Sevilla 1999 - 2ª (1,99)
  • Xogos Olímpicos de Sydney 2000 - 1ª (2,01)
  • Mundiais de Edmonton 2001 - Elim. (1.88)
  • Europeos indoor de 2002 - 5ª (1,90)
  • Mundiais indoor de Birmingham 2003 - 2ª (1,99)

Mellores marcas editar

  • Salto de altura (outdoor) - 2.02 (Seattle, 1990)
  • Salto de altura (indoor) - 2.02 (Moscova, 2003)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar