Ibrahim Afellay

futbolista neerlandés

Ibrahim Afellay, nado en Utrecht o 2 de abril de 1986, é un exfutbolista neerlandés de ascendencia marroquí. Xogaba de centrocampista.

Ibrahim Afellay
Información persoal
Nome Ibrahim Afellay
Nacemento 2 de abril de 1986 (38 anos)
Lugar de nacemento Utrecht
Altura 1,81 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1990–1995 USV Elinkwijk
1996–2003 PSV Eindhoven
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2010 PSV Eindhoven 159 (35)
2010–2015 Barcelona 21 (1)
2012–2013Schalke 04 (cedido) 10 (2)
2014–2015Olympiacos (cedido) 19 (4)
2015–2019 Stoke City 49 (2)
2019–2020 PSV Eindhoven 3 (0)
Total 261 (44)
Selección nacional
2007–2016 Países Baixos 53 (7)
Na rede
Facebook: IbrahimAfellayI FIFA: 216723 UEFA: 72417 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

PSV Eindhoven editar

Iniciou a súa carreira deportiva no USV Elinwijk, antes de que o 4 de febreiro de 2004 debutase no profesionalismo co PSV Eindhoven, nun partido da Copa dos Países Baixos ante o NAC Breda. Dez días despois debutou na Eredivisie ante o FC Twente. Na campaña 2003/04 apenas xogou tres partidos. Na 2004/05 xogou en sete encontros.

O 15 de maio de 2005 xogou ante o Feyenoord, e deixou unha boa impresión, anotando dous goles. Despois foise afianzando no once inicial desde a tempada 2005/06, coas saídas de Johann Vogel e Mark van Bommel. Desde ese instante foi figura na obtención de tres ligas (2006, 2007 e 2008), e obtendo bos resultados na Liga de Campións. O 24 de outubro de 2010 participou co seu equipo, o PSV Eindhoven, na histórica vitoria ante o Feyenoord Rotterdam por 10:0, marcando o segundo gol do seu equipo.

FC Barcelona editar

O 16 de novembro de 2010, o Futbol Club Barcelona anunciou un acordo co PSV Eindhoven para o traspaso do xogador.[1] Finalmente, o 24 de decembro, asinou o seu contrato como novo xogador do Barcelona por catro tempadas e media.[2][3]

O 2 de febreiro de 2011, Afellay marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Barça, no partido de volta das semifinais da Copa do Rei, contra o Almería, partido que terminaría 3 a 0 a favor do conxunto catalán. Na súa primeira tempada no club blaugrana, proclamouse campión da Liga española e da Liga de Campións da UEFA.

Selección nacional editar

 
Afellay coa selección neerlandesa.

Ibi, como é alcumado, foi internacional coa Selección de fútbol dos Países Baixos en 26 ocasións, onde anotou 3 goles. Debutou o 28 de marzo de 2007 nun encontro clasificatorio para a Eurocopa 2008. No campionato europeo xogou ante Italia (partido que se saldou con triunfo orange por 3-0); e ante Rusia, que os eliminaría en cuartos de final.

Foi seleccionado para disputar o Mundial de Suráfrica 2010 no cal proclamouse subcampión do Mundo tras a derrota da súa selección ante España por 0-1. Nesta competición xogou 3 partidos, todos eles saíndo desde o banco. O 12 de outubro do 2010, anotou 2 goles e asistiu un, no partido de clasificación para a Eurocopa de 2012, ante Suecia.

Estatísticas editar

 
Afellay xogando para o PSV.
Club Tempada Liga Copa Europa Outros1 Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
PSV
  Países Baixos
2003–04 2 0 1 0 3 0
2004–05 7 2 2 0 9 2
2005–06 23 2 2 0 8 0 1 0 34 2
2006–07 27 6 2 0 5 0 34 6
2007–08 24 2 0 0 8 0 1 0 33 2
2008–09 28 13 1 0 4 0 1 0 34 13
2009–10 29 4 4 1 11 1 44 6
2010–11 19 7 1 0 6 1 26 8
Total 159 36 13 1 42 2 3 0 217 39
FC Barcelona
  España
2010–11 15 0 6 1 5 1 14 1
Total 15 0 6 1 5 0 26 1
Total carreira 174 36 19 2 47 2 3 0 243 40

1Inclúe outras competicións como: Supercopa dos Países Baixos, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs da FIFA.

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Eredivisie PSV Eindhoven   Países Baixos 2004-05
Copa dos Países Baixos PSV Eindhoven   Países Baixos 2004-05
Eredivisie PSV Eindhoven   Países Baixos 2005-06
Eredivisie PSV Eindhoven   Países Baixos 2006-07
Eredivisie PSV Eindhoven   Países Baixos 2007-08
Supercopa dos Países Baixos PSV Eindhoven   Países Baixos 2008
Liga Española FC Barcelona   España 2011

Campionatos internacionais editar

Título Club País Ano
Liga de Campións FC Barcelona Londres (Reino Unido) 2011

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Talento do ano nos Países Baixos 2007

Notas editar

  1. fcbarcelona.com. "Acordo co PSV para o traspaso de Afellay". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  2. "Firma por catro tempadas e media". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2011. Consultado o 28 de maio de 2011. 
  3. Afellay, na súa presentación: "O Barça é máis que un club"

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar