Ian McDiarmid, nado en Carnoustie (Tayside) o 11 de agosto de 1944, é un actor e director escocés de teatro, que tamén fixo aparicións esporádicas no cinema e na televisión. McDiarmid tivo unha exitosa carreira no teatro, pero en todo o mundo é recoñecido polo seu máis famoso papel como o Emperador Palpatine nos filmes de Star Wars (nas triloxías orixinais e na precuela).

Infotaula de personaIan McDiarmid

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Carnoustie, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de St Andrews
Royal Conservatoire of Scotland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , actor de televisión , director de cinema , actor de cinema , director teatral Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001519 Allocine: 52971 Rottentomatoes: celebrity/ian_mcdiarmid Allmovie: p47249 TCM: 126910 TV.com: people/ian-mcdiarmid IBDB: 412516
Facebook: IanMcDiarmidOfficial Instagram: ian_mcdiarmid Musicbrainz: 17e1186e-dc20-4ed9-a2b7-d792972165da Discogs: 1901169 WikiTree: McDiarmid-125 Editar o valor em Wikidata

Dende o ano 1976 apareceu en 47 filmes.

Traxectoria editar

McDiarmid naceu en Carnoustie e converteuse nun afeccionado do teatro á idade de cinco anos, cando o seu pai o levou a ver un acto co nome de Tommy Morgan nun teatro situado en Dundee. No 2004 declarou: "Dalgún xeito fascinoume, e tamén me arrepiaba. Tódalas luces, toda a maquillaxe. Díxenme, 'Non sei o que é isto, pero quéroo'.

Por outra banda, por medo á desaprobación do seu pai, McDiarmid asistiu á Universidade de St Andrews, onde recibiu unha mestría en Psicoloxía. Pouco despois, decidiu seguir unha carreira no teatro e tomou cursos de capacitación en calidade na Royal Scottish Academy of Music and Drama en Glasgow. En 1968, McDiarmid recibiu unha medalla de ouro polo seu traballo. Este sería o primeiro de moitos recoñecementos que lle deu o teatro pola súa labor. McDiarmid afirmou que se converteu no seu receptor "facendo tódalas tarefas aburridas que tes que facer cando es novo para gaña-la vida."

Agora ten unha exitosa carreira como director de teatro, e dende 1990 até a súa xubilación no 2001 foi director artístico do conxunto Almeida Theatre de Londres en Islington. El e o seu co-director Jonathan Kent reviviron o Almeida e convenceron a moitas estrelas de Hollywood como Kevin Spacey, Ralph Fiennes e Anna Friel a pisar os taboleiros do seu humilde teatro. Gañou o cobizado premio London Evening Standard en 1998 polos seus esforzos.

Star Wars editar

Aínda que McDiarmid é ante todo un actor de teatro, considérase feliz de traballar en filmes. Despois dunha pequena aparición na película de Dragonslayer, McDiarmid foi elixido por George Lucas para encarnar o Emperador Palpatine en Star Wars: Episode VI - Return of the Jedi. Dezaseis anos despois volveu interpretar o papel dun senador máis novo na precuela das películas de Star Wars. El mesmo atribuíu a oportunidade de repetir o seu papel ó feito de ser moito máis novo que a súa personaxe a primeira vez que facía o papel.

Nas precuelas interpreta dous caracteres distintos e volve crear a súa interpretación diabólica de Palpatine en Star Wars: Episode VI - Return of the Jedi. Se ben lograra anteriormente pouco recoñecemento debido ás extensas próteses empregadas para o papel que o facía irrecoñecible, recibiu ampla atención e aclamación da crítica polo seu papel máis amplo nas precuelas.

Tamén traballou en Star Wars como a voz de Palpatine nos videoxogos: Super Star Wars: The Empire Strikes Back, Super Star Wars: Return of the Jedi, Lego Star Wars The Video Game, Lego Star Wars II: The Original Trilogy, Star Wars Battlefront: Renegade Squadron e Star Wars Battlefront: Elite Squadron.

Filmografía editar

Cinema editar

Televisión editar

Premios editar

Ano Premio Traballo Resultado
1968 Medalla de Oro do Royal Scottish Academy of Music and Drama Gañador
1982 Premio Laurence Olivier ó mellor actor Insignificance Gañador
1985 Time Out Comedy Award ó mellor director Scenes from an Execution Gañador
1990 Time Out Comedy Award ó mellor director Volpone Gañador
1991 Observer Award polo seu traballo durante dez anos na escena irlandesa Volpone, The Rehearsal, e Betrayal Field Candidato
1995 Manchester Evening News Award ó mellor actor Hated Nightfall Gañador
1998 Special Evening Standard Award pola súa traxectoria Gañador
2001 Critics' Circle Theatre Award ó mellor actor Faith Healer Gañador
2002 Clarence Derwent Award ó mellor actor secundario Faith Healer Gañador
2004 Manchester Evening News Award ó mellor actor Enrique IV Gañador
2005 Theatregoers' Choice Award ó mellor actor El Rey Lear Gañador
Teen Choice Award ó mellor actor en filme de acción Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith Candidato
2006 Drama League Award por su interpretación Faith Healer Candidato
Theatre World Award á mellor interpretación revelación Gañador