I due Foscari

ópera

I due Foscari (en galego Os dous Foscari) é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave baseado na historia The Two Foscari de Lord Byron. A ópera foi estreada no Teatro Argentina de Roma o 3 de novembro de 1844.

I due Foscari
Os dous Foscari
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFrancesco Maria Piave
Fontes literariasBaseada en The Two Foscari, de Lord Byron
Estrea3 de novembro de 1844
Teatro da estreaTeatro Argentina
Lugar da estreaRoma
Duración105 minutos
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Localización da partituraArchivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

Francesco Foscari (barítono)
Jacopo Foscari (tenor)
Lucrézia Foscari Contarini (soprano)
Jacopo Loredano (baixo)
Barbarigo (tenor)
Pisana (mezzosoprano)

Esta ópera é pouco representada na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. no posto n.º 213 das óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 63.ª en Italia e a décimo sétima de Verdi, con 13 representacións nese período.

Representacións editar

Esta ópera tráxica narra as intrigas políticas da antiga república de Venecia. Verdi considerara a obra de Byron como un tema xa en 1843, seducido polos aspectos venecianos do drama – carnaval, Consello dos Dez – confioulle a Francesco Maria Piave a redacción do libreto. Mais cando propuxo tal ópera ao Gran Teatro La Fenice (Venecia), foi rexeitada como inaxeitada. A historia incluía unha crítica ás accións da República de Venecia, que ofendía ás grandes familias de Venecia que gobernaran a República, incluíndo á familia Foscari que aínda existía.[1] Ao mesmo tempo, unha nova ópera sobre o tema de Lorenzino de Medici, que Verdi propuxo para o Teatro Argentina en Roma, foi rexeitada por ese teatro.

Como de costume, Verdi colaborou activamente na redacción do libreto, suxeríndolle a Piave modificacións mentres traballaba na orquestración da ópera.

Os ensaios comezaron o día 15 de agosto de 1844 baixo a dirección conxunta de Verdi e Piave.

Concluída o 22 de outubro de 1844, a obra foi estreada o 3 de novembro no Teatro Argentina con Achille de Bassini, Giacomo Roppa, Marianna Barbieri-Nini e Baldassare Miri nos papeis principais. Tivo unha acollida morna, aínda que Verdi, como compositor, recibiu grandes ovacións. Segundo Emanuele Muzio, compositor e amigo de Verdi, o problema foi o prezo elevado das localidades, así como o feito de que os cantantes non esiveran á altura da partitura.

A pesar de todo, a obra foi interpretada coa capacidade completa do teatro durante toda a tempada 1844-1845, e valeulle a Verdi o honor de ver en circulación unha medalla coa súa efixie.

As primeiras representacións no Reino Unido tiveron lugar en Londres, no Her Majesty's Theatre o 10 de abril de 1847. Nos Estados Unidos, a ópera foi estreada en Boston o 10 de maio de 1847.[2] París viu unha produción en decembro de 1846 no Théâtre des Italiens, e foi representaa logo en varios teatros de ópera italianos.

Son habituais as representacións en versión de concerto. A Orquestra da Ópera de Nova York presentou versións de concerto tres veces: a primeira en outubro de 1981 con Renato Bruson no papel principal; a segunda en abril de 1992 con Vladimir Chernov como o Dux; e o terceiro en decembro de 2007, con Paolo Gavanelli como o Dux.[3]

Actualmente, I due Foscari foi producida ocasionalmente. O Teatro alla Scala representouna en 1988, tamén con Renato Bruson (versión dispoñible en DVD). A Royal Opera de Londres presentou a ópera en xuño de 1995 con Vladimir Chernov e June Anderson nos papeis principais. Foi representada no Teatro San Carlo de Nápoles no ano 2000 e gravada en DVD. A Ópera de Sarasota en Florida incluíuna en marzo de 2008 como parte do seu "Ciclo Verdi". Foi representada durante as tempadas 2008/09 de La Scala e a Asociación de Amantes da Ópera (ABAO) de Bilbao (España).

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 3 de novembro de 1844.
(Director: -)
Francesco Foscari, dux de Venecia barítono Achille De Bassini
Jacopo Foscari, seu fillo tenor Giacomo Roppa
Lucrezia Contarini, dona de Jacopo Foscari soprano Marianna Barbieri-Nini
Jacopo Loredano, membro do Consello dos Dez baixo Baldassare Miri
Barbarigo, un Senador tenor Atanasio Pozzolini
Pisana, amiga e confidente de Lucrezia mezzosoprano Giulia Ricci

Argumento editar

Acto I editar

O Consello dos Dez reúnese para xulgar a Jacopo Foscari, o fillo do dux, acusado de asasinato e traizón. Este é levado ante os xuíces, protesta do odio do que é obxecto, principalmente por parte do senador Loredano, a pesar dun veredicto de clemencia.

Nos pazos Foscari, Lucrezia (dona de Jacopo) prega ao ceo en favor do seu home, mais déixase levar pola cólera cando sabe que o Consello dos Dez acaba de condenara Jacopo ao exilio perpetuo.

No pazo do dux, o dux Francesco Foscari medita sobre a súa autoridade e a súa incapacidade para protexer ao seu fillo, a quen cre inocente. Entón aparece Lucrézia, que lle suplica anular a sentenza á que foi condenado o seu home. El responde que as leis de Venecia llo impiden, mais tentará apelar pola súa causa ante do Senado.

Acto II editar

Pechado nunha cela da prisión do Estado, Jacopo é asaltado por visións de espectros. Lucrézia, e logo o dux entran e tratan de consolalo, mais Jacopo Loredano aparece para levalo ante os xuíces, onde terá que escoitar a sentenza do exilio.

Ante o Consello dos Dez, o dux pide ao seu fillo que se someta a xuízo. A aparición de Lucrézia cos seus fillos non consegue mudar o parecer do Consello, que instigado por Loredano, ordena que Jacopo sexa deportado de inmediato a Creta.

Acto III editar

Na Piazzetta de Venecia, a multitude desfruta cunha regata que está a piques de comezar. En compaña de Bardagino, aparece Loredano e ordena o inicio da competición. A chegada da lúgubre galera do Estado, a chega para levarse a Jacopo, dispersa á multitude. Jacopo descende e entra no pazo do dux para despedirse da súa dona. Loredano triunfa.

Nos seus apousentos, Francesco Foscari recibe a visita de Barbarigo, quen lle anuncia que un vilán moribundo acaba de confesar que é o único autor do asasinato imputado a Jacopo. Daquela aparece Lucrézia, anunciando que Jacopo acaba de morrer no barco que o levaba a Creta.

A continuación entran os membros do Senado e do Consello dos Dez, pedindo ao dux a súa abdicación, a causa da súa idade e do seu recente do. Foscari acaba cedendo e quita os ornamentos ducais. Cando está a piques de abandonar o pazo acompañado por Lucrézia, sente o canón de San Marcos que anuncia a elección do seu sucesor, Pasquale Malipiero. Immediatamente morre a causa da pena, mentres Loredano desfruta da súa vinganza.

Estrutura editar

Acto I editar

  • 1 Preludio
  • 2 Introduzione
    • Coro Silenzio... Mistero... (Coro) Escenas I-II
  • 3 Scena e Aria di Jacopo
    • Scena Qui ti rimani alquanto (Jacopo) Escena III
    • Aria Dal più remoto esiglio (Jacopo) Escena IV
    • Tempo di mezzo Del Consiglio alla presenza (Fante, Jacopo) Escena V
    • Cabaletta Odio solo, ed odio atroce (Jacopo) Escena V
  • 4 Scena, Coro e Cavatina di Lucrezia
    • Scena No... mi lasciate (Lucrezia) Escena VI
    • Coro Resta: quel pianto accrescere (Coro) Escena VI
    • Cavatina Tu al cui sguardo onnipossente (Lucrezia, Coro) Escena VI
    • Tempo di mezzo Che mi rechi?... favella... (Lucrezia, Pisana) Escena VII
    • Cabaletta O patrizi, tremate (Lucrezia, Pisana, Coro) Escena VII
  • 5 Coro
    • Coro Tacque il reo (Coro) Escena VIII
  • 6 Scena e Romanza del Doge
    • Scena Eccomi solo alfine (Doge) Escena IX
    • Romanza O vecchio cor, che batti (Doge) Escena IX
  • 7 Scena e Duetto Doge e Lucrezia
    • Scena L'illustre dama Foscari (Servo, Doge, Lucrezia) Escena X
    • Duetto Tu pur lo sai che giudice (Doge, Lucrezia) Escena X
    • Tempo di mezzo Di sua innocenza dubiti? (Lucrezia, Doge) Escena X
    • Cabaletta Se tu dunque potere non hai (Lucrezia, Doge) Escena X

Atto secondo editar

  • 8 Introduzione, Scena e Aria di Jacopo
    • Scena Notte!... perpetua notte (Jacopo) Escena I
    • Aria Non maledirmi, o prode (Jacopo) Escena I
  • 9 Scena e Duetto di Lucrezia e Jacopo
    • Scena Ah sposo mio (Lucrezia) Escena II
    • Duetto No, non morrai (Lucrezia, Jacopo) Escena II
    • Tempo di mezzo Tutta è calma la laguna (Voci, Jacopo, Lucrezia) Escena II
    • Cabaletta Speranza dolce ancora (Lucrezia, Jacopo) Escena II
  • 10 Scena, Terzetto e Quartetto
    • Scena Ah padre!... Figlio!... Nuora!... (Jacopo, Doge, Lucrezia) Escena III
    • Terzetto Nel tuo paterno amplesso (Jacopo, Doge, Lucrezia) Escena III
    • Tempo di mezzo Addio... Parti?... Conviene...' (Doge, Jacopo, Lucrezia) Escenas III-IV
    • Cabaletta Ah! sì, il tempo che mai non s'arresta (Jacopo, Doge, Lucrezia, Loredano) Escena IV
  • 11 Finale II
    • Coro Che più si tarda? (Coro) Escena V
    • Scena O patrizi... il voleste (Doge) Escenas VI-VII-VIII
    • Sestetto Queste innocenti lacrime (Jacopo, Lucrezia, Doge, Barbarigo, Loredano, Pisana) Escena VIII
    • Stretta del finale II Parti, t'è forza cedere (Doge, tutti) Escena VIII

Atto terzo editar

  • 12 Introduzione
    • Coro Alla gioia, alle corse, alle gare (Coro) Escena I
    • Scena Ve'! come il popol gode (Loredano, Barbarigo) Escena II
    • Barcarola Tace il vento, è queta l'onda (Coro) Escena II
  • 13 Scena e Aria di Jacopo
    • Scena La giustizia del Leone! (Popolo, Loredano, Barbarigo, Lucrezia, Jacopo) Escena III-IV
    • Aria All'infelice veglio (Jacopo, Lucrezia) Escena IV
    • Tempo di mezzo Messer, a che più indugiasi? (Loredano, Lucrezia, Jacopo) Escena IV
    • Concertato Ah padre, figli, sposa (Jacopo, Lucrezia, Barbarigo, Pisana, Loredano, Coro) Escena IV
  • 14 Recitativo e Aria di Lucrezia
    • Scena Egli ora parte! (Lucrezia) Escenas V-VI-VII
    • Aria Più non vive!... l'innocente (Lucrezia) Escena VII
  • 15 Scena, Aria del Doge, Finale ultimo
    • Scena Signor, chiedon parlarti i Dieci... (Servo, Doge) Escena VIII-IX
    • Aria Questa è dunque l'iniqua mercede (Doge, Barbarigo, Loredano, Coro) Escena IX
    • Tempo di mezzo Che venga a me, se lice (Doge, Coro, Loredano, Lucrezia, Barbarigo) Escenas IX-X
    • Finale Quel bronzo feral (Doge, Loredano, Barbarigo, Lucrezia, Coro) Escena X

Gravacións editar

Ano Elenco
(Francesco Foscari,
Jacobo Foscari,
Lucrezia, Loredano)
Director,
Teatro e Orquestra
1951 Giangiacomo Guelfi,
Carlo Bergonzi,
Maria Vitale,
Pasquale Lombardo
Carlo Maria Giulini,
RAI Orquestra e Coro
CD de son :Warner Fonit
Cat: 8573-83515-2
1977 Piero Cappuccilli,
José Carreras,
Katia Ricciarelli,
Samuel Ramey
Lamberto Gardelli,
ORF Symphony Orchestra and Chorus
CD de son: Philips
Cat: 475-8697
1988 Renato Bruson,
Alberto Cupido,
Linda Roark-Strummer,
Luigi Roni
Gianandrea Gavazzeni,
Teatro alla Scala Orquestra e Coro
DVD (en directo): Opus Arte
Cat: OA LS30007 D
2000 Leo Nucci,
Vincenzo La Scola,
Alexandrina Pendatchanska,
Danilo Rigosa
Nello Santi,
Teatro San Carlo Orquestra e Coro
DVD (live performance): TDK
Cat:

Notas editar

  1. Budden, Julian, The Operas of Verdi, Vol. 1, Londres: Cassell, 1984, pp.176/177
  2. Holden, Amanda (ed.), The New Penguin Opera Guide, Nueva York: Penguin Putnam, 2001, pág. 982. ISBN 0-14-029312-4
  3. "Historia das representaións de OONY". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2013. Consultado o 10 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar