IIHF European Women's Champions Cup
A IIHF European Women's Champions Cup (EWCC) foi unha competición de clubs feminines de hóckey sobre xeo disputada entre os equipos campións nacionais de varios países europeos. A competición foi creada e organizada pola Federación Internacional de Hockey sobre Xeo (IIHF polas súas siglas en inglés). O formato de competición incluía dúas fases de grupos seguidas por unha rolda final. Cada fase xogábase en formato de liga en grupos de catro equipos cada un.
European Women Champions Cup | |
---|---|
Fundación | 2004 |
Desaparición | 2015 |
Rexión | Europa |
Máis laureado | AIK IF (4 títulos) HC Tornado (4 títulos) |
Organizador | IIHF |
Historia editar
A competición foi creada en 2004, ao mesmo tempo que a competición masculina similar. O primeiro equipo campión foi o AIK IF sueco. Este club sueco gañou as tres edcións seguintes. Dende 2009, a IIHF European Women's Champions Cup foi gañada por equipos rusos, coa excepción da tempada 2010–2011, na que se proclamou campión o Ilves finlandés.