ICESat

Satélite artificial dos Estados Unidos.

ICESat (acrónimo de Ice, Cloud, and land Elevation Satellite) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 13 de xaneiro de 2003 mediante un foguete Delta II desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4]

ICESat
ICESat
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASA
BusBCP-2000
Destino actualReentrado na atmosfera.
Satélite deTerra
Data de lanzamento13 de xaneiro de 2003[1][2][3]
Foguete portadorDelta II[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][5]
Obxectivo da misiónEstudo das capas de xeo polares.[2][5]
Decaemento30 de agosto de 2010
NSSDC ID2003-002A
Masa970 kg[4]
Potencia350 vatios[2][5]

Características editar

ICESat, baseado no bus BCP-2000, foi inxectado nunha órbita inicial de 586 km de perixeo, 594 km de apoxeo e 94 graos de inclinación orbital.[4] Foi deseñado para determinar, mediante un láser altímetro, a masa das capas polares e a forma en que contribúen ó cambio do nivel dos océanos para axudar a modelar o comportamento futuro das capas de xeo e o nivel do mar. Como misión secundaria, o satélite mediu a altura das capas de nubes e a súa estrutura vertical, mediu a cantidade de aerosois na atmosfera, cartografiou a superficie terrestre e mediu a rugosidade, reflectividade e alturas da cuberta vexetal, das capas de neve e do xeo mariño.[2][4]

O satélite alimentábase mediante paneis solares que proporcionaban 350 vatios de potencia de media. Os datos gardábanse nunha grabadora de estado sólida de 56 Gb de capacidade, suficiente para rexistrar 24 horas de datos, e transmitíanse mediante un enlace en banda X a unha velocidade de ata 40 Mbps.

ICESat foi desorbitado o 30 de agosto de 2010.[1][4]

Instrumentos editar

ICESat levaba a bordo un único instrumento: un láser altímetro denominado GLAS polo seu acrónimo en inglés (Geoscience Laser Altimeter System)[2][4] que funcionaba emitindo pulsos cunha duración de 4 nanosegundos a lonxitudes de onda de 1064 nanómetros, correspondente ao infravermello, ou 532 nanómetros, correspondente a luz verde. Os fotóns reflectidos desde a Terra eran recollidos polo telescopio dun metro de diámetro de ICESat. GLAS emitía pulsos 40 veces por segundo, iluminando áreas de superficie de 70 metros de diámetro a intervalos de 170 metros.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ICESAT" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "ICESat" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 30 June 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-85488): 5. 2 de xullo de 2003. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ICESAT (EOS-LAM)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "ICESat" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar