O índice IBEX 35 é o principal índice bolsista de referencia da bolsa de valores española elaborado por Bolsas y Mercados Españoles (BME). Está formado polas 35 empresas con máis liquidez que cotizan no Sistema de Interconexión Bolsista Electrónico (SIBE) nas catro bolsas españolas (Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia). É un índice ponderado por capitalización bolsista; é dicir, ó igual que índices como o S&P 500, non tódalas empresas que o forman teñen o mesmo peso.

Bolsa de Madrid.

Historia editar

Cálculo editar

A fórmula empregada para o cálculo do valor do índice é:[1]

 

onde I(t) é o valor do índice no intre t, Cap é a capitalización bolsista do free float das compañías que integran o índice e J é un coeficiente empregado para axustar o índice para que non se vexa afectado por ampliacións de capital.

As empresas con maior capitalización bolsista teñen maior peso dentro do índice e as súas subas e baixas influirán en maior medida no movemento final do IBEX 35. Isto quere dicir que cando Banco Santander, Telefónica, BBVA, Inditex, Iberdrola e Repsol están en baixa, o IBEX 35 ten gran preocupación porque estas inflúen moito sobre o índice xeral. Por iso hai que mirar os 6 primeiros valores dos índices con moita frecuencia e moita atención.

Os criterios empregados polo CAT (Comité asesor Técnico) para a inclusión ou saída do IBEX 35 son principalmente a liquidez dos títulos, número de accións en circulación, valor de capitalización bolsista, etc.

Este comité reúnese cada 6 meses de forma ordinaria, (normalmente xuño e decembro), aínda que poden convocarse reunións extraordinarias cando as circunstancias así o requiran.

Compoñentes editar

Actuais editar

Na seguinte táboa, indícanse os 35 valores que compoñen o IBEX 35 a 6 de agosto de 2018 e a súa ponderación no índice a 30 de xuño de 2017:[2][3]

Ticker Empresa Sede Sector ISIN Ponderación
ANA Acciona Alcobendas Infraestrutura ES0125220311
ACX Acerinox Madrid Metalúrxica ES0132105018
ACS ACS Madrid Infraestrutura ES0167050915
AENA AENA Madrid Transporte ES0105046009
ALM Almirall Barcelona Farmacéutico ES0157097017
AMS Amadeus Madrid Turismo ES0109067019
MTS Arcelor Mittal Cidade de Luxemburgo Metalúrxica LU1598757687
SAB Banc Sabadell Alacant Finanzas ES0113860A34
SAN Banco Santander Santander Finanzas ES0113900J37
BKT Bankinter Madrid Finanzas ES0113679I37
BBVA BBVA Bilbao Finanzas ES0113211835
CABK CaixaBank Valencia Finanzas ES0140609019
CLNX Cellnex Madrid Telecomunicacións ES0105066007
CIE CIE Automotive Bilbao Siderurxia, petroquímica ES0105630315
ENG Enagás Madrid Enerxía ES0130960018
ELE Endesa Madrid Enerxía ES0130670112
FER Ferrovial Madrid Transporte ES0118900010
FDR Fluidra Sant Cugat del Vallès Equipamento deportivo ES0137650018
GRF Grifols Barcelona Saúde ES0171996012
IAG IAG Madrid Transporte ES0177542018
IBE Iberdrola Bilbao Enerxía ES0144580Y14
ITX Inditex Arteixo Téxtil ES0148396007
IDR Indra Alcobendas Consultoría ES0118594417
COL Inmobiliaria Colonial Madrid Inmobles ES0139140174
MAP MAPFRE Majadahonda Finanzas ES0124244E34
MEL Meliá Hotels Palma Turismo ES0176252718
MRL Merlin Properties Madrid Inmobles ES0105025003
NTGY Naturgy Madrid Enerxía ES0116870314
Pharma Mar ES0169501022
REE R.E.C. Alcobendas Enerxía ES0173093115
REP Repsol Madrid Enerxía ES0173516115
SGRE Siemens Gamesa Zamudio Enerxía ES0143416115
Solaria ES0165386014
TEF Telefónica Madrid Telecomunicacións ES0178430E18
VIS Viscofan Tajonar Alimentos ES0184262212

Históricos editar

Notas editar

  1. Sociedad de Bolsas, S.A. (marzo de 2014). "Normas Técnicas para la Composición y Cálculo de los Índices de Sociedad de Bolsas, S.A." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2014. Consultado o 15 de maio de 2014. 
  2. IBEX 35®
  3. Ponderación e Valores do Ibex 35 ó peche da sesión de 30-06-2017.