Hydrangea

xénero de plantas

Hydrangea é un xénero que inclúe unhas 100 especies de plantas de flor nativas do sur e leste de Asia así como tamén propias de Norteamérica e Suramérica, son coñecidas normalmente coma hortensias. En Galiza é común a especie Hydrangea macrophylla como planta ornamental.

Planta da hortensia con flores lilas, preto da cidade de Lugo, no verán de 2009.
Folla de hortensia

Características editar

A meirande parte das hortensias son arbustos de entre 1 e 3 metros de altura, mais algunhas son árbores cativas, e mesmo outras son parras que cadan os 30 metros trepando polas árbores cara a arriba. Poden ser de follas caducas ou de follas perennes, non obstante as máis amplamente cultivadas, que son especies de climas mornos, son de folla caduca. Producen flores dende o inicio da primavera até finais do outono que se dispoñen nos extremos dos talos. Estas flores poden ser rosas, brancas, azuis, e doutras cores intermedias, dependendo en parte do pH do solo. Pódese forzar a coloración rosada das flores, usando fertilizantes ricos en nitróxeno e fósforo e pobres en potasio, mentres que se se desexan flores azuis, os fertilizantes han ser ricos en potasio e pobres en nitróxeno e fósforo. A floración azul tamén pode requirir a achega de adubos acidificantes tales como: sulfato amónico, nitrato amónico, sulfato potásico etc. Tamén se pode engadir sulfato de aluminio se as medidas anteriores son insuficientes. A coloración rosa conseguirase con adubos alcalinos, coma nitrato de calcio. A adición coidadosa de carbonato sódico ao solo pode producir unha floración multicolor.

As hortensias atópanse entre as escasas plantas que acumulan aluminio. Obteñen o aluminio dos solos acedos, e forman complexos na flor que lles proporciona a súa cor azul.

Especies editar

Hai arredor de 100 especies no xénero Hydrangea. Entre as especies seleccionadas inclúense:

Cultivo e usos editar

As hortensias cultívanse dende tempos remotos coma planta ornamental no Xapón, e dende mediados do século XIX tamén de xeito extensivo noutras áreas do mundo con climas temperados, sendo moi común na xardinaxe galega particular. É unha planta ornamental moi popular polas súas enormes cabezas florais, sendo a especie H. macrophylla con moito a máis amplamente cultivada con preto de 600 cultivares coñecidos. A poda regular evita que o arbusto medre demasiado.

Na cultura popular dalgúns lugares dique a Hydrangea atrae os mortos ou a morte.

Outras variedades soamente florean en talos vellos.

Os xardineiros adoitan determinar a cor das flores engadindo determinados tipos de fertilizantes para alterar a acidez do solo.

Algunhas variedades populares de Hydrangea son:

  • 'Beaute Vendomoise' (giant lacecap)
  • 'Blue Bonnet'
  • 'Blue Wave'
  • 'Bluebird'
  • 'Endless Summer (floración perpetua)
  • 'Forever Pink'
  • 'Lilicana'
  • 'Nikko Blue'
  • 'Pia' (anana)
  • 'Veitchii'

A rega é no período primavera verán, as regas teñen que ser abondosas e frecuentes, de xeito que o substrato estea sempre húmido para que as flores non muchen. A reprodución da hortensia multiplícase por cortes das pólas trala floración. Os insectos que afectan á hortensia son o pulgón e maila araña vermella. Para eliminar o primeiro aplícase un insecticida específico, e para combater a segunda utilizaremos un acaricida. As enfermidades tamén poden ser un obstáculo para o desenvolvemento da planta. Fungos, coma o oídio, producen a podremia do exemplar, ou danos nas follas. Para solucionar o problema, aplicaremos un funxicida. Outra enfermidade é a clorose, que se produce por un pH demasiado alto, o que comporta falta de ferro no substrato. Ollámolo polo ton amarelento das follas. Para combatelo aplicaremos un produto específico, rico en ferro.

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar