Hugo Lloris

futbolista francés

Hugo Lloris (AFI: [yɡo joʁis]), nado en Niza (Alpes Marítimos, Provenza) o 26 de decembro de 1986, é un futbolista internacional francés que xoga como gardameta para o Tottenham Hotspur da Premier League inglesa.

Hugo Lloris
Información persoal
Nome Hugo Lloris
Nacemento 26 de decembro de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento Niza
Altura 1,88 m
Posición Gardameta
Información de club
Club actual Tottenham Hotspur
Número 1
Carreira xuvenil
1993–1997 CEDAC Cimiez
1997–2005 OGC Nice
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2006 OGC Nice B 20 (0)
2005–2008 OGC Nice 72 (0)
2008–2012 Olympique Lyonnais 146 (0)
2012– Tottenham Hotspur 83 (0)
Selección nacional
2004 Francia sub-18 3 (0)
2004–2005 Francia sub-19 14 (0)
2006 Francia sub-20 4 (0)
2006–2008 Francia sub-21 5 (0)
2008– Francia 65 (0)
Na rede
IMDB: nm4929444 Allocine: 775961
Musicbrainz: fcd5e889-d7ee-4fca-904b-fb0ac43c4c7f FIFA: 297105 UEFA: 93846 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 25 de febreiro de 2015editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En Francia editar

Nado na cidade francesa de Niza, no departamento Alpes Marítimos, Hugo Lloris comezou a súa carreira futbolística nas categorías inferiores do equipo da súa cidade natal, o OGC Niza. O 18 de marzo de 2006 debutou co primeiro equipo contra o Stade Rennais, partido que finalizou con vitoria para o seu equipo por 1-0. Ese mesmo ano xogou outros tres xogos e chegou á final da Copa da Liga, aínda que o trofeo finalmente foi gañado polo AS Nancy. Ao ano seguinte conseguiu a titularidade na portaría. En 2008 Lloris asina polo Olympique Lyonnais, equipo que pagou 8,5 millóns de euros para facerse cos seus servizos.[1]

Tottenham Hotspur editar

O último día antes do peche do mercado de traspasos da tempada 2012-13 ficha polo Tottenham Hotspur FC da Premier League, por volta duns 15 millóns de euros tras facer unha boa tempada na liga francesa.[2] Lloris debutou cos Spurs o 20 de setembro de 2012 xogando os 90 minutos e mantendo a súa portaría a cera no que era o primeiro partido do club na UEFA Europa League ante a SS Lazio en White Hart Lane. O francés debutou como titular na Premier League o 7 de outubro de 2012 na vitoria 2-0 sobre o Aston Villa.

Títulos editar

Club editar

Título Club País Ano
Copa Olympique Lyonnais   Francia 2012
Supercopa Olympique Lyonnais   Francia 2012

Notas editar

  1. Sky Sports, ed. (29 de maio de 2008). "Lloris explains Lyon choice" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  2. ESPN, ed. (31 de agosto de 2012). "Dempsey and Lloris join Spurs" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar