Hors-la-loi

filme de 2010 dirixido por Rachid Bouchareb

Hors-la-loi (en árabe: خارجون عن القانون) é un filme de 2010 dirixido por Rachid Bouchareb e protagonizado por Jamel Debbouze, Roschdy Zem e Sami Bouajila. A historia están ambientada entre 1945 e 1962, e céntrase nas vidas de tres irmáns alxerianos en Francia, no contexto do movemento de independencia de Alxeria e a guerra de Alxeria.[2] É unha continuación do filme de 2006 de Bouchareb Indigènes, que está ambientado na segunda guerra mundial. Hors-la-loi foi unha produción maioritariamente francesa co apoio de Alxeria, Tunisia e Bélxica.

Hors-la-loi
Ficha técnica
Título orixinalHors-la-loi
DirectorRachid Bouchareb
ProdutorJean Bréhat
GuiónRachid Bouchareb
Olivier Lorelle
IntérpretesJamel Debbouze
Roschdy Zem
Sami Bouajila
MúsicaArmand Amar
FotografíaChristophe Beaucarne
MontaxeYannick Kergoat
EstudioTessalit Productions
DistribuidoraStudioCanal (Francia)
EstreaFestival de Cannes: 21 de maio de 2010
Francia 22 de setembro de 2010
Alxeria 6 de outubro de 2010
Duración137 minutos
Orixe Alxeria
Francia
Bélxica Bélxica
Tunisia Tunisia
XéneroHistórico
Orzamento22,6 millóns de dólares
Recadación4 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt1229381 Filmaffinity: 950531 Allocine: 136108 Rottentomatoes: m/hors_la_loi_2010 Mojo: outsidethelaw Allmovie: v517683 TCM: 773969 Metacritic: movie/outside-the-law TV.com: movies/outside-the-law-2010 Netlix: 70139513Editar o valor em Wikidata

Unha representación historicamente pouco ortodoxa do masacre de Sétif e Guelma de 1945 que provocou controversia política en Francia. Hors-la-loi representou a Alxeria na 83ª edición dos Óscar, onde foi nomeado na categoría de mellor filme en lingua non inglesa.

Personaxes editar

Notas editar

  1. JP Box Office (ed.). "Outside the Law". Consultado o 25 de xullo de 2019. 
  2. Lemercier, Fabien (23 de xullo de 2009). Cineuropa, ed. "Bouchareb launches into Outside the Law". Consultado o 29 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar