Horatio C. Burchard

avogado e político estadounidense


Horatio Chapin Burchard, nado en Marshall, Nova York, o 22 de setembro de 1825 e finado en Freeport, Illinois, o 14 de maio de 1908, foi un avogado, político estadounidense, membro da Cámara de Representantes por Illinois, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, membro do Instituto Internacional de Estatística e pai do Índice de Prezos ao Consumo (IPC).

Infotaula de personaHoratio C. Burchard

Horatio C. Burchard
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1879-1885)
Membro da Cámara de Representantes
(1869-1879)

Biografía
Nacemento22 de setembro de 1825
Marshall.
Nova York.
Morte14 de maio de 1908 (82 anos)
Freeport.
Illinois.
Lugar de sepulturaOakland Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
Member of the Illinois House of Representatives (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Educación Hamilton College.
Actividade
Lugar de traballo Springfield
Washington, D.C. Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogado, político e alto funcionario.
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 15571956 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Burchard naceu o 22 de setembro de 1825 en Marshall, condado de Oneida, Nova York, fillo de Frances Chapin e do diácono Horatio Burchard. En 1838, a familia trasladouse inicialmente a Aurora, Nova York, e logo a Beloit, Wisconsin, e en ambos os lugares estudou en diversas escolas públicas e privadas.[1][2][3]

En 1847 ingresou no Hamilton College, de Clinton, Nova York, onde se graduou en 1850. Cursou estudos de Dereito e foi admitido no Colexio de Avogados en 1852 para exercer nos tribunais de Wisconsin, para o que se asociou con J. W. Stewart. Logo de compaxinar o dereito cos labores de docente e de topógrafo para unha liña de ferrocarril, Burchard trasladouse a Freeport, Illinois, en 1853, onde estableceu a súa residencia e comezou a exercer a avogacía de xeito estable.[1][2][3]

Carreira política editar

No ámbito da política, Burchard adheriuse ao Partido Republicano. En 1858 foi delegado na convención estatal republicana en Springfield e formou parte da Cámara de Representantes do Estado de Illinois entre 1863 e 1866. O 6 de decembro de 1869 resultou elixido como representante republicano no cuadraxésimo primeiro Congreso polo digalenastrito de Galena, inicialmente para cubrir a vacante deixada por E. B. Washburne, e logo foi reelixido catro veces máis, polo que exerceu este cargo ata o 3 de marzo de 1879.[1][2][3]

Durante o seu período na Cámara de Representantes foi membro do poderoso Comité de Medios e Arbitrios, no seo do cal presidiu o Subcomité de Ingresos Internos, que promoveu e debateu a primeira lei que propuña un imposto sobre a renda en tempos de paz.[1]

Director da Casa da Moeda editar

Logo dun infrutuoso intento de reelección en 1878, o 5 de marzo do ano seguinte foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Rutherford B. Hayes, e Chester A. Arthur confirmouno no cargo en febreiro de 1884. O 30 de xuño de 1885 presentou a súa dimisión para retomar o exercicio da avogacía.[2][3][4]

 
Retrato de Horatio C. Burchard (ca. 1860-1865)

Como director da Casa da Moeda, Burchard propuxo a suspensión da cuñaxe do dólar de ouro, xa que a moeda era demasiado pequena para o seu uso monetario e estaba xa practicamente fóra da circulación, e tamén se lle instou á derrogación da lei que autorizaba a cuñaxe dos dólares de comercio. Así mesmo, dirixiu a emisión da serie do de moedas de prata do dólar de Hawai de 1883.[3]

Durante o seu mandato na US Mint, Burchard ingresou no Instituto Internacional de Estatística, e en 1900 foi o supervisor do censo do terceiro distrito de Illinois[1] e creou o Índice de Prezos ao Consumo (IPC), unha ferramenta moi manexada posteriormente nos negocios e na economía.[5]

Na súa condición de exdirector da ceca pública, Burchard foi membro das Comisións de Ensaios dos Estados Unidos de 1894, 1895, 1901 e 1903.[6]

Volta á avogacía editar

En 1885 dimitiu do seu posto de director da ceca pública para exercer novamente a avogacía en Freeport, e foi membro da comisión encargada da revisión das leis de ingresos do Estado en 1885 e 1886. Tamén foi o encargado do xurado dos premios do departamento da minaría da Exposición Universal de Chicago de 1893.[1][2][3]

Vida persoal editar

Burchard casou o 15 de maio de 1861 con Jane Lawver, de Lena, Illinois, finada en 1892, coa que tivo un único fillo.[1]

Faleceu en Freeport, Illinois, o 14 de maio de 1908, ao 82 anos de idade,[3] e foi soterrado no cemiterio de Oakland.[2][7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Henry Linderman
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1879-1885
Sucesor:
James P. Kimball