En Filosofía, a noción de Homo faber fai referencia ao ser humano en tanto que ser susceptíbel de fabricar útiles.

Esta noción é especialmente abordada por Henri Bergson, filósofo evolutionista francés : « En definitiva, a intelixencia, observada no que parece ser o paso orixinal, é a facultade de fabricar obxectos artificiais, en particular útiles para facer útiles, e variar indefinidamente a fabricación » [1].

Benjamin Franklin tamén enunciou que « O home é un animal fabricante de útiles » (a toolmaking animal).

Isto que permite distinguir o Home, o denominado Homo sapiens en Bioloxía, do resto do reino animal non é, sen dúbida, de orde biolóxica. Rir, consciencia, linguaxe, cultura ?... Finalmente, evócase en xeral un elemento que apunta ao seu intecto: o Homo sapiens manifesta a súa sabedoría, a súa intelixencia, na medida en que é quen de modificar o mundo que o rodea. Por ela, manexa o útil e transforma o seu contorno, modelándoo co seu pensamento e a súa man.

Notas editar

  1. Henri Bergson, L’Évolution créatrice (1907), Éd. PUF, coll. "Quadrige", 1996, chap. II, pp.138-140.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar