Homo ergaster
Rango fósil: Plistoceno

Caveira KNM-ER 3733 descuberta por Bernard Ngeneo en 1975 (Kenya).
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Homo
Especie: H. ergaster
Nome binomial
Homo ergaster'
Groves e Mazák, 1975

O Homo ergaster foi unha especie homínida que viviu no leste e sur de África cun rango cronolóxico que se estendeu entre hai 1,9 e 1,4 millóns de anos.

O talle e as proporcións do Homo ergaster son máis semellantes ás do Homo sapiens ca ás dos australopitecos e primeiras especies do xénero Homo, chegando a alturas de 1,85 ou 1,9 m e unha capacidade cranial de entre 700 e 850 cc.

O exemplar máis completo podería ser o coñecido como Neno de Turkana pero hai moita discusión sobre se é H. ergaster ou H. erectus.

Os primeiros bifaces aparecen asociados aos Homo ergaster, habitante de espazos abertos das sabanas, comía regularmente carne de animais que obtiña por medio da caza ou da actividade preeira.