Homo

xénero de mamíferos

Homo é o xénero de homínidos que inclúe os humanos modernos. Estímase que ten unha antigüidade de entre 2,4 e 1,6 millóns de anos. Todas as especies, agás Homo sapiens, están extinguidas. A última das especies relacionadas en desaparecer foi Homo neanderthalensis hai 30.000 anos, aínda que descubrimentos recentes suxiren que o Homo floresiensis desapareceu hai 12.000 anos.

O termo úsase para designar os humanos desde que Carl von Linné llo asignara en 1758

En relación aos Australopithecus, xa as primeiras especies do xénero Homo foron moito máis omnívoras, con dentes máis pequenos e a cara menos prominente e asociados a eles nos rexistros fósiles atópanse restos de ósos e pedras traballados. Os machos Homo son entre un 15 e un 20% máis corpulentos que as femias, a diferenza dos Australopithecus nos que o dimorfismo sexual era moito máis acusado, o que podería indicar que os machos non tiñan que competir polas femias, senón que dentro do grupo había unha complexa rede de relacións sociais e de cooperación propios dunha sociedade de cazadores-colleitadores.

Especies editar

Especies Cronoloxía (cron) Distribución Altura de adulto (m) Masa de adulto (kg) Volume cranial (cm³) Rexistro fósil Descubrimento /
publicación do nome
Homínido de Denisova 0.04 Rusia 1 sitio 2010
Homo antecessor 1.2–0.8 España, Inglaterra, Francia 1.75 90 1000 Tres sitios 1994/1997
Homo cepranensis 0.5-0.35 Italia     1000 1 copa cranial 1994/2003
Homo erectus 1.8–0.3 África, Eurasia (Cáucaso, China, India, Vietnam, Xava) 1.8 60 850–1100 Varios 1891/1892
Homo ergaster 1.9–1.4 Leste e Sur de África 1.9   700–850 Varios 1975
Homo floresiensis 0.10–0.012 Indonesia 1.0 25 400 7 individuos 2003/2004
Homo gautengensis >2–0;0.6 Suráfrica 1.0 1 individuo 2010/2010
Homo habilis 2.3–1.4 África Oriental 1.0–1.5 33–55 510-660 Varios 1960/1964
Homo heidelbergensis 0.6–0.35 Europa, África, China 1.8 90 1100–1400 Varios 1908
Homo neanderthalensis 0.33–0.03 Europa, Asia Occidental 1.6 55–70 (complexión forte) 1200–1700 Varios 1829/1864
Homo rhodesiensis 0.3-0.12 Zambia 1,300 Moi poucos 1921
Homo rudolfensis 1.9 Kenya   700 2 sitios 1 cranio 1972/1986
Homes da cova dos cervos 0.0145–0.0115 China Moi poucos 2012
Homo sapiens idaltu 0.16-0.15 Etiopía 1,450 3 cranios 1997/2003
Homo sapiens 0.2–presente Mundial 1.4–1.9 55–100 1000–1980 Aínda vive —/1758

Véxase tamén editar