Un home bala é un tipo que é arrebolado ao xeito dunha bóla de canón dende un canón especialmente deseñado para tal cousa. O impulso non é proporcionado pola pólvora, senón por un resorte elástico ou de aire comprimido. Trátase dun espectáculo habitual nos circos modernos. Ao respecto da pólvora, esta pódese empregar co gallo de fornecer os efectos visuais e auditivos, pero non garda relación ningunha co mecanismo que impulsa ao home bala.

Home bala nun espectáculo en Melbourne, Australia