Holger Pedersen, nado en Gelballe o 7 de abril de 1867 e finado en Copenhaguen o 25 de outubro de 1953, foi un lingüista dinamarqués que realizou contribucións significativas á ciencia da linguaxe e escribiu 30 obras con autoridade sobre varias linguas. Pedersen recibiu o doutoramento en 1897 na Universidade de Copenhaguen, onde comezou a traballar como profesor.

Infotaula de personaHolger Pedersen
Biografía
Nacemento7 de abril de 1867 Editar o valor em Wikidata
Gelballe, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de outubro de 1953 (86 anos)
Hellerup, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBispebjerg Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente Real Academia Danesa de Ciencias e Letras
1934 – 1938
Reitor Universidade de Copenhague
1926 – 1927
← Johannes Andreas Grib FibigerMartin Knudsen → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónRibe Katedralskole (en) Traducir (–1885)
Universidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Director de teseHeinrich Zimmer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , profesor universitario , armenologist (en) Traducir , mestre Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosLouis Hjelmslev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

WikiTree: Pedersen-3709

Traxectoria editar

Estudos sobre linguas indoeuropeas editar

Entre os seus estudos sobre linguas celtas, o máis coñecido é Vergleichende Grammatik der keltischen Sprachen (Gramática comparada das linguas celtas), na actualidade tomada como principal obra de referencia da lingüística histórica celta.

O seu libro Hittitisch und die anderen indoeuropäischen Sprachen (O hitita e as outras linguas indoeuropeas), representou un chanzo significativo nos estudos sobre o hitita. Aparece citado con frecuencia na obra de Friedrich, Hethitisches Elementarbuch (2ª ed. 1960), o manual estándar sobre a lingua hitita.

Moi influente tamén foi o seu Tocharisch vom Gesichtspunkt der indoeuropäischen Sprachvergleichung (O tocario desde a perspectiva comparativa das linguas indoeuropeas). Por exemplo, André Martinet (2005:179n) indica que a súa discusión sobre aspectos da fonoloxía do tocario está fondé sur la présentation du tokharien par Holger Pedersen (fundada sobre a presentación do tocario feita por Holger Pedersen).

Dúas das súas teorías teñen recibido considerábel atención en tempos recentes logo de décadas de esquecemento. Hoxe son citadas, con frecuencia, como a teoría do nostrático/eurasiático e a teoría das glotais.

Orixe da teoría do nostrático editar

Parece que Pedersen usou por vez primeira o termo "nostraciano" nun artigo sobre fonoloxía turca publicado en 1903. Actualmente, ten sido substituído polo termo "nostrático".

A definición de Pedersen do nostraciano é a seguinte (1931:338):

Como unha designación comprensiva das familias de linguas en relación co indoeuropeo, podemos empregar a expresión linguas nostracianas (do latín nostrās "o noso compatriota")

.

Desde esta perspectiva, o indoeuropeo está en clara relación co finugrio e o samoiedo, con "similar, aínda que máis feble, parecido" co turco, mongol e manchú; co yukaghir; e co esquimó (1931:338). Coidou tamén que o indoeuropeo podía estar relacionado co semítico e que, con dúbidas, podía tamén ser relacionado co camita e quizais co vasco (ib.).

Hoxe en día, poderiamos dicir que houbo unha afirmativa relación xenética entre as familias lingüísticas do indoeuropeo e o urálico, altaico, yukaghir, esquimó, e afro-asiático (a existencia da familia altaica é controvertida, e hoxe poucos emparentan o vasco co afro-asiático). Porén, desde o punto de vista de Pedersen, as linguas listadas non esgotaban as posibilidades do nostraciano (ib.):

As fronteiras das linguas do mundo nostraciano non están determinadas aínda, mais a área é enorme, e inclúe tan distintas razas que un se torna case mareado de pensalo (...) A cuestión será sinxela se podemos recoller material abondo para encarnalo nun esquema claro.

Orixe da teoría das glotais editar

Nunha obra publicada en 1951, Pedersen apuntou que a frecuencia de b no indoeuropeo é anormalmente baixa. A comparación de linguas, porén, mostra que podería ser normal se algunha vez houbera o equivalente da oclusiva xorda p, que é infrecuente ou mesmo ausente en moitas das linguas.

Propuxo tamén que as aspiradas sonoras, bh dh gh, poderían ter sido entendidas como aspiradas xordas ph th kh.

Pedersen propuxo ademais que as series de oclusivas indoeuropeas, p t k, bh dh gh, e b d g, foran en épocas primitivas b d g, ph th kh, e (p) t k, coas xordas e sonoras non-aspiradas invertidas.

Tal teoría atraeu relativamente pouco a atención até que o lingüista norteamericano Paul Hopper e os dous estudosos soviéticos Thomas V. Gamkrelidze e Vyacheslav V. Ivanov propuxeron en 1973 nunha serie de artigos, que culminaron cunha obra sobresaínte dos estudosos soviéticos publicada en 1984 (traducida ao inglés en 1995), que as series indoeuropeas b d g foran de feito orixinariamente series glotalizadas p' t' k'. So esta forma, a teoría despertou ampla interese.

Obras de Holger Pedersen citadas editar

  • "Türkische Lautgesetze," en Zeitschrift der Deutschen Morgenländischen Gesellschaft 57, 535-561. (1903)
  • Vergleichende Grammatik der keltischen Sprachen, 2 volumes. Göttingen: Vandenhoeck and Ruprecht. (1909-1913)
  • Sprogvidenskaben i det Nittende Aarhundrede. Metoder og Resulteter. København: Gyldendalske Boghandel. (1924)
  • Linguistic Science in the Nineteenth Century: Methods and Results, traducida do danés por John Webster Spargo. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. (1931)
  • Hittitisch und die anderen indoeuropäischen Sprachen. Det Kongelige Danske Videnskabernes Selskab, Historisk-filologiske Meddelelser 25.2. København. (1938)
  • Tocharisch vom Gesichtspunkt der indoeuropäischen Sprachvergleichung. København: Ejnar Munksgaard. (1941; 1949, 2ª ed.)
  • Die gemeinindoeuropäischen und die vorindoeuropäischen Verschlusslaute. Det Kongelige Danske Videnskabernes Selskab, Historisk-filologiske Meddelelser 32.5. København. (1951)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Paul J. Hopper, Glottalized and murmured occlusives in Indo-European. Glossa 7,2 (1973):141-166.
  • Thomas V. Gamkrelidze e Vjačeslav V. Ivanov, Indo-European and the Indo-Europeans, 2 volumes. Berlín e Nova York: Mouton de Gruyter, 1995 (edición orixinal rusa, 1984).
  • André Martinet, Economie des changements phonétiques. París: Maisonneuve et Larose, 2005 (edición revisada; edición orixinal 1955).